Redegal deseña MakeMyWay, unha nova app para iPhone e iPad que permite planificar itinerarios

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A empresa Redegal, situada en Tecnópole, acaba de presentar unha nova app para iPhone e iPad capaz de dar soporte ao usuario na planificación dos seus itinerarios e rutas ata o máis mínimo detalle para saber con exactitude onde está cada hotel, restaurante ou punto de interese que poida serlle de utilidade.

A aplicación permitiralle ao usuario ir facendo unha planificación sobre a propia ruta en tempo real, é dicir, poderá ir decidindo sobre a marcha os lugares de interese que desexa visitar, así como coñecer os establecementos que se pode atopar ao longo da súa ruta, xa que toda a información que necesita a levará no dispositivo móbil.
 
A través da xeolocalización, coas coordenadas dos distntos puntos de paso e interese almacenados e as coordenadas GPS do propio dispositvo móbil, o usuario poderá ir vendo a través dun mapa interactivo o xeoposicionamento dos puntos e, dependendo da súa situación actual, poderá consultar cales son os establecementos que se atopan máis próximos á súa posición, que se atoparán categorizados segundo se trate de hoteis, restaurantes, cafeterías, etc. Tamén poderá acceder a esquematizacións da ruta que está percorrendo e obter información xeral (datos descritvos, fotos...) e opinións doutros usuarios sobre os puntos de interese situados ao longo da súa ruta.
 
O funcionamento da aplicación é moi sinxelo e usable, xa que dispón dunha interface atractiva e de doado uso, moi intuitva e adaptada a pantallas táctiles.
 
A aplicación permite ademais que a información utilizada se cre de forma dinámica e colaborativa entre os usuarios rexistrados no seu servizo, de maneira que calquera pode dar de alta puntos de interese.
 
A app foi desenvolvida baixo o estándar de Apple e a empresa xa está a traballar sobre a versión para dispositivos Android para así achegar esta aplicación tamén aos usuarios da plataforma de Google.
 
As utilidades poden verse doadamente a través dun breve videotitorial.
 
(Fonte: Redegal e Tecnópole)