Redegal abre unha nova oficina en Vigo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A empresa Redegal, con sede central en Tecnópole, acaba de abrir unha nova oficina en Vigo. Segundo os seus responsables, trátase dun paso estratéxico para crear sinerxías, afianzar relacións e atopar novos nichos de mercado onde ofrecer os seus servizos de tecnoloxía, baseados dende a súa orixe na innovación e orientados, na actualidade, ao desenvolvemento de solucións de comercio electrónico e aplicacións móbiles.
 
Redegal ofrece servizos de consultoría de sistemas e software á medida e posicionouse como empresa especializada en e-commerce, engadindo agora, a oferta de apps para IOS, Android e Windows Phone.
 
Coincidindo coa apertura da nova sede, Redegal fixo varias incorporacións en áreas de Tecnoloxía e Mercadotecnia da empresa. Jose Manuel Barros, como Responsable de Desenvolvemento de Negocio; Maria Lafuente, no Departamento de Proxectos; e na Área Técnica, Arturo P. Capel.
 
"Temos o know-how e mantemos o noso equipo en constante formación para abrir un mercado, o das aplicacións, no que cada día se demandan máis e mellores servizos," explica Jorge Vázquez, CEO de Redegal.
 
Redegal, dende o 2004, mantén dende Ourense unha ampla carteira de clientes, empresas galegas e de ámbito nacional, sobre todo de Madrid e Barcelona. A apertura da oficina en Vigo vai máis alá da presenza no mercado local, no que espera ter unha boa acollida e destina os seus esforzos para alcanzar novas oportunidades de alcance internacional.
 
(Fonte: Redegal)