A realidade da intelixencia artificial: falta de planificación e de talento

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

PricewaterhouseCoopers (PwC) presentou un informe no que trata, como o seu propio título indica, "A realidade e perspectivas da IA en España, 2018". No estudo -realizado coa colaboración de Microsoft-, móstranse algúns dos acertos do noso país en materia de intelixencia artificial. Pero, sobre todo, as carencias que ten España en canto á súa aplicación; e é que, segundo o equipo investigador de PwC, a escaseza de talento e a falta dun modelo de negocio claro son os dous principais obstáculos cos que se atopan as empresas españolas á hora de aplicar esta tecnoloxía nos seus negocios.

O informe mostra a realidade actual do país: aínda que algunhas das grandes compañías se xacten da boa entrada que tivo a intelixencia artificial en España, "só un 11% das empresas entrevistadas conta cos profesionais e as capacidades adecuadas para poñer en marcha iniciativas no campo da IA". Por conseguinte, seis de cada dez están buscando de forma activa os perfís profesionais necesarios. E este, como se citou antes, non é o único problema, xa que a esta cuestión se suma "a falta dun modelo de negocio que permita saber cal é o retorno do investimento, as dificultades na xestión do cambio cultural dentro da empresa ou a ausencia dun liderado claro á hora de impulsar este tipo de iniciativas".

Este estudo pretende ser, ante todo, "realista". Para iso, tomaron como referencia un grupo de empresas que se poden considerar "avanzada en materia de dixitalización". Este outro resultado tamén é claro: para a maioría das grandes empresas participantes no informe (un 80% do total), a intelixencia artificial "non é un conxunto de iniciativas illadas senón unha tecnoloxía que, no longo prazo, suporá cambios moi disruptivos para os negocios".

A pé de rúa, cando se fala de innovacións, sempre sobrevoa unha dúbida: ¿poden perderse empregos pola chegada das novas tecnoloxías? PwC tamén fixo esta pregunta ás compañías entrevistadas, enfocándose sobre todo na "tecnoloxía" da intelixencia artificial. A solución, que non se debe ser alarmista. Sete de cada dez cren que a redución de empregos non será moi significativa, o que está en liña coas últimas estimacións de PwC: a IA non terá un impacto relevante no emprego. Por agora, xa que a consultora estimou este feito "ata a década de 2030".

De todos os xeitos, tampouco debe haber un alarmismo a causa da falta de planificación e de talento. Ou iso se afirma no estudo: máis da metade das compañías entrevistadas xa están a intentar, en maior ou menor medida, sacar partido da IA. Segundo PwC, "un 46% ten en marcha algún tipo de proxecto piloto ou proba, e un 11,5% xa están a ver resultados, sobre todo, na mellora da satisfacción do cliente, na toma de decisións ou na redución de custos". O mesmo informe revela que, se vemos a enquisa doutro xeito, non todo é avances: un 42,5% das compañías aínda non puxeron de marcha ningunha iniciativa en relación coa IA ou só teñen unha folla de ruta.

(Fonte: EFE Futuro)