¿Que uso dan as empresas españolas ás TIC?

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Un 23,4% das pemes e grandes empresas, en 2017, organizou actividades formativas para a mellora das competencias dixitais dos seus empregados. Polo lado das microempresas, só un 4% formaron aos seus empregados, segundo datos publicados polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da SI

Non obstante, a gran maioría das empresas con 10 ou máis traballadores dispoñen de ordenadores. Obsérvase, respecto aos datos do ano anterior, un aumento do total de pemes e grandes empresas que contan con ordenadores mentres que acontece ao contrario entre as microempresas. Así, o 99,6% das primeiras e o 73,1% das segundas posúen este tipo de equipamento.

En canto ao número de compañías que dispón de conexión á Rede cífrase nun 98,7% das pemes e grandes empresas e un 70,2% das microempresas.

Na medida da mobilidade das compañías do panorama nacional a través da dispoñibilidade de dispositivos portátiles con capacidade de conexión móbil e para uso empresarial, son as microempresas as que destacan fronte ás pemes e grandes empresas. O 27,5% do persoal das compañías con 10 ou máis traballadores e o 38,2% dos traballadores das de menos de 10 están equipados con este tipo de terminais con fins empresariais en 2017.

Respecto ao uso das redes sociais, o 49,6% das pemes e grandes empresas e o 31,2% das microempresas posúen un perfil de usuario nalgunha das plataformas de comunicación para conectar, crear ou intercambiar contido on-line con clientes, provedores e/ou socios, mentres que un 1% das compañías vende os seus produtos por medios telemáticos.

Por outro lado, en 2017, o número de compañías que pagou por anunciarse na rede non experimentou grandes cambios. Así, o 23,6% das empresas con 10 ou máis traballadores e o 9,9% das empresas con menos de 10 pagaran por anuncios en buscadores, medios sociais ou outras webs.

Situación das empresas españolas

En 2017 o número de empresas activas no territorio español era de 3.282.346 compañías, o que supón un crecemento do 1,4% respecto á cifra alcanzada no anterior período.

A maior parte delas son microempresas, un 95,6% do total. En canto ao 4,4% de pemes e grandes empresas restantes, a maior parte son pequenas empresas (de entre 10 a 49 traballadores), un 3,7%. O resto está conformado por un 0,6% de medianas empresas (de 50 a 199 empregados) e un 0,2% de grandes empresas (de 200 ou máis traballadores).

Segundo o Directorio Central de Empresas (DIRCE), en 2017, a gran parte das compañías nacionais atópanse localizadas en catro comunidades autónomas: Cataluña 18,6%; Madrid 16%; Andalucía 15,3% e Comunidade valenciana 10,7%.

(Fonte: Expansión)