Que son os exoesqueletos e como axudan aos fabricantes de automóbiles

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

"Pode que pareza que os exoesqueletos son algo saído dunha película de ciencia ficción, pero poden axudar a reducir o estrés nos nosos empregados e facilitar a execución de traballos fisicamente esixentes". Así opina Dale Wishnousky, vicepresidente de Fabricación de Ford Europa, sobre unha das pezas que máis está a facilitar o día a día ao inmenso número de operarios que traballan na fabricación de automóbiles. Agora, por primeira vez, foron integrados nunha liña de montaxe en movemento, sendo a planta de Valencia de Ford quen lidera esta estratexia.

Entre as súas diferentes vantaxes, os exoesqueletos permiten aos traballadores levantar e manipular pezas que resultarían demasiado pesadas. Isto supón un beneficio de cara ao futuro inmediato, xa que de aquí a 2020 o 25% dos europeos terán máis de 60 anos, polo que se prevé que os traballadores máis veteranos e aqueles con problemas de mobilidade ou desordes musculoesqueléticos (representan en Europa o 61% de todas as enfermidades laborais) sexan os que máis se beneficien da utilización destes traxes.

"Estou en constante movemento e esta ferramenta mellorou as miñas costas. Estamos ante unha grande oportunidade de mellorar as condicións de traballo", conta Rubén Izquierdo, empregado de Ford Valencia, que viu como, aínda que se realizaron probas con exoesqueletos noutras fábricas de automóbiles, a iniciativa na planta de produción de Ford de Valencia -na que se fabrican o Kuga, o Mondeo, o S-MAX, a Galaxy e a Transit Connect- é a primeira en integrar de xeito total a tecnoloxía no seu proceso de produción. Na mesma liña móstrase Ramón Navarrete, que traballa montando interiores de vehículo na mesma planta. "O Meu traballo pode ser como ir ao ximnasio, e tes que estar realmente en forma para realizar algunhas das tarefas. O exoesqueleto supón unha gran diferenza, síntome moito máis fresco ao final da quenda de traballo".

Un investimento cara á Industria 4.0

Durante o programa inicial de probas e desenvolvemento do exoesqueleto, os responsables de produción pediron a súa opinión a preto de 200 traballadores da planta para que contasen como podería mellorar o seu traballo un destes traxes. Despois, seleccionouse 100 traballadores aos que se considerou que poderían ser os máis beneficiados do uso desta tecnoloxía, que traballaron cóbado con cóbado cos deseñadores dos dispositivos. Os usuarios dos exoesqueletos realizan gran cantidade de movementos ou manexan pezas incómodas como depósitos de combustible. O programa tivo tanto éxito que máis de 20 traballadores comezarán a probar os exoesqueletos a partir de abril. Para Ford, trátase dunha parte dos investimentos da compañía cara ao obxectivo de ser unha empresa 4.0

(Fonte: Innovaspain)