¿Que é a innovación invisible?

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Un dos paradoxos da tecnoloxía moderna é que canto máis avanzada é, menos perceptible é. Isto é debido en parte á familiaridade; non pensamos ir a ningún sitio sen o noso móbil, pero as innovacións incrementais de cada novo modelo raramente presentan unha mellora que cambie a vida. Tamén é certo que gran parte da invención moderna se atopa debaixo da superficie, raramente se albisca polo usuario mentres a innovación se fusiona sutilmente no tecido do que somos e se imbrica no modo en que interactuamos co noso mundo.
 
Despois de todo, unha pantalla de teléfono intelixente é só un mecanismo de entrega. Son as nosas aplicacións e software o que fan a vida máis cómoda a noso arredor. Gústame pensar nisto como "tecnoloxía ambiental", e a expectativa é que, de forma crecente, veremos unha maior comunicación entre dispositivos que irán incorporando avances apenas perceptibles, pero que contribuirán a engadir experiencias máis ricas á vida das persoas.
 
Xa recorremos á tecnoloxía para predicir o comportamento do cliente cando se trata de publicidade dixital. Máis recentemente, a xente chegou a confiar en asistentes persoais dixitais para comprar comestibles, chamar a un taxi, ou simplemente tocar a nosa canción favorita, todo cun simple comando de voz. E, mentres aínda chamamos a estas aplicacións chatbots ou AI, pronto se mesturarán na malla da tecnoloxía ambiental que nos rodea e nin sequera lle daremos un nome.
 
Aceptación do cambio
 
O argumento aquí non é que os rechamantes novos dispositivos non teñan importancia, pero hai unha razón de peso pola cal innovacións como Google Glass ou os auriculares de realidade virtual só atraen a nichos de mercado, mentres que as empresas centradas en aplicacións continúan prosperando e proporcionando servizos que son adoptados polo groso da poboación. Eses gadgets espectaculares fannos parecer ridículos. Mesmo se o custo non é un problema, hai poucas persoas que estean dispostos a camiñar polas rúas parecendo un extra de Star Trek.
 
Tamén hai un límite en torno a canto cambio estamos dispostos a aceptar dunha vez. Se lle preguntasen á maioría da xente hai 10 anos se estarían dispostos a compartir online os seus detalles de pagamento só para evitar encher un formulario seguramente dubidarían, ou dirían directamente que non. E mírenos agora.
 
No mellor dos casos, a tecnoloxía mellora as nosas vidas dun xeito intuitivo. Os primeiros adoptantes aceptan doadamente calquera cousa e non lles preocupa interactuar con interfaces complicadas, pero a maior parte da xente quere usar a súa tecnoloxía axilmente, sen que supoña unha disrupción perceptible para a súa vida cotiá.
 
O ámbito axeitado
 
Isto lévanos a un principio clave de toda innovación: hai que centrarse en satisfacer o apetito do usuario en lugar de centrarse na capacidade das últimas ferramentas. O brillo dun novo iPhone ou Samsung Galaxy desaparece rapidamente e a xente finalmente volverá usar as mesmas aplicacións e servizos que se converteron en parte da súa rutina. Só que nun ámbito mellorado.
 
¿Que fan as aplicacións como Uber Eats de modo diferente aos servizos tradicionais de entrega de alimentos? Proporcionan aos usuarios actualizacións regulares sobre o estado do pedido e cuán lonxe está a súa comida, dúas pequenas consideracións que golpean directamente na psique dun cliente que leva xa un tempo famento.
 
A verdadeira innovación consiste en facer as preguntas correctas dende a perspectiva dun cliente. Se ben un fabricante de automóbiles pode explorar o que a xente quere dos coches sen condutor, pode ser máis importante preguntar como a tecnoloxía pode eliminar a necesidade de viaxar en coche. Iso non quere dicir que se vaia eliminar a oportunidade de montar nun novo Tesla, pero ir do punto A ao punto B aínda toma un tempo valioso e unha pregunta pertinente apuntaría a saber se ese tempo podería ser aforrado.
 
A irrupción pode ser emocionante, pero tamén pode ser a maior inimiga das boas experiencias dos clientes. Cada vez máis, haberá unha innovación sutil pero intelixente invisible para o usuario, pero que axudará ás marcas a encaixar no ámbito ambiental das persoas.
 
(Fonte: Fernando Rumbero, director de Aplicacións de Oracle Ibérica, para Expansión)