Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Rithmi, a pulseira intelixente que axudará a previr o ictus

Rithmi desenvolveu un dispositivo médico para a detección e diagnóstico de fibrilación auricular que, a través dunha pulseira intelixente e de algoritmos baseados en intelixencia artificial, é capaz de detectar este tipo de arritmia monitorizando o ritmo cardíaco e o sinal de electrocardiograma do usuario.

Huawei fía a súa supervivencia á innovación

O futuro de Huawei quedou oficialmente ligado á guerra comercial dende que Donald Trump e Xi Jinping estreitaron a man no cumio do G20 celebrado en xuño en Osaka, Xapón. Tras o último intercambio de sancións desta fin de semana, as dúas superpotencias parecen lonxe de entenderse e un acordo antes de que dea comezo a campaña electoral estadounidense parece improbable. Isto equivalería a pospoñer de facto unha hipotética solución ata, como pronto, 2021. Huawei non ten tanto tempo: moitas voces na empresa cren que o veto xa non terá volta atrás.

A nova xeración de robots terá mans máis humanas

Hai 32 anos, cando os ordenadores solo estaban ao alcance duns poucos, un grupo de novos afanábase, nun ático londiniense, en construír un robot que puidese camiñar. O seu esforzo fíxose anacos cando a compañía Honda anunciou a creación do robot Asimo, o primeiro androide do mundo que andaba.

Lonxe de afundirse, os mozos decidiron reorientar o seu traballo cara a unha parte do corpo menos desexada polos enxeñeiros, pero moi complexa: as mans. Propuxéronse crear mans robóticas que imitasen á perfección as humanas.

Tecnópole acolle o 23 de setembro unha xornada sobre oportunidades de negocio Galicia-México

Parque Tecnolóxico de Galicia acollerá o próximo 23 de setembro unha xornada titulada “Galicia-México/México-Galicia. Visións compartidas”, na que se explorarán as oportunidades comerciais, de negocio e de investimento entre ambos os territorios.

Antes da mesa redonda, presidida polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, terá lugar a presentación realizada por Raúl Beyruti, presidente do grupo Gin Group. Esta compañía, líder en Latinoamérica en administración integral de capital humano, acaba de abrir unha filial en España.

Aberta ata o 30 de setembro a matrícula para Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole

Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir a través da súa web o prazo de inscrición en Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole, os seus cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para mozos de entre 8 e 18 anos. As prazas son limitadas e a matrícula, aberta ata o 30 de setembro, farase efectiva por orde de formalización.

Licitado un servizo de drons con desfibrilador para os que sufran unha parada cardíaca no Camiño de Santiago

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciou a contratación do desenvolvemento dun servizo integral de cardioprotección no Camiño.

Trátase dun sistema que busca mellorar os tempos de resposta en caso de que algún peregrino sufra unha parada cardiorrespiratoria, a través da utilización de drons que, equipados cun electrocardiógrafo e un desfibrilador, poderán acceder de xeito máis rápido e sinxelo ao lugar no que se atope a vítima.

Proxecto innovador para potabilizar a auga de uso doméstico

O proxecto galego Trihsens, enmarcado no programa Conectapeme 2018, é exemplo de innovación, como tamén de cooperación entre pequenas e grandes empresas como afirman os socios que conforman o consorcio: Roca Roibás, Syspro, Ayco, Viaqua, Aimen e Cetaqua.

O obxectivo do proxecto é mellorar os sistemas de potabilización actuais cara a unha xestión cada vez máis eficiente, que permita o desenvolvemento dunha solución integral para a monitorización en tempo real da auga de consumo humano. Esta meta supón unha aposta pola protección e a preservación deste recurso natural.

Búscase startup capaz de transformar grandes empresas

A aceleradora de startups BIND 4.0 abriu ata o 13 de setembro o prazo de inscrición para a cuarta edición do seu programa de desenvolvemento empresarial

O obxectivo deste programa é impulsar a transformación dixital da industria a través da colaboración entre compañías consolidadas e talentos emerxentes. Algunhas das empresas que se incorporaron este ano a BIND 4.0 son Coca Cola, Eroski ou Avia Ferrovial, entre outras.

Transformación dixital e innovación centrarán o Digital Tech&Trends Summit

O espazo Truss Madrid do Wizink Center acollerá o próximo 26 de setembro o Digital Tech&Trends Summit. Trátase dun encontro que reunirá a emprendedores co fin de descubrir cales son as claves da innovación empresarial para os próximos anos para tratar de ser competitivos.

Espérase que no Digital Tech&Trends Summit 2019 participen empresarios de primeiro nivel, así como empresas que poidan analizar as tendencias tecnolóxicas que están a xerar na actualidade novas oportunidades de negocio e melloras a nivel de usuario.

BOE gaña o premio á Innovación Técnica de Produto da IFA 2019 pola tecnoloxía de células BD

A IFA, a maior feira comercial no mundo de electrónica de consumo, celebrada en Berlín (Alemaña) coa participación de preto de 2000 empresas de alta tecnoloxía de todo o mundo, premiou a tecnoloxía de pantalla BD Cell de BOE, gañadora do premio Innovative Display Technology Gold Award á tecnoloxía de pantalla innovadora.

As grandes marcas recorren ao big data para crecer

A maioría de foodies e adictos á moda da comida sa probarían nos últimos anos o kombucha, a yaca ou jackfruit e o aceite de CBD, a medida que estes produtos, ata agora descoñecidos, foron chegando aos nosos mercados.

Os próximos produtos tendencia serán unha bebida a base de chícharos, os suplementos de gaba e unha máscara facial a base de bakuchiol. Estas son as previsións de Black Swan, unha start up londiniense que recompila datos de redes sociais, de foros de Internet e de comentarios sobre produtos en páxinas web e analízaos para descifrar o que buscan os consumidores.

Torytrans, a solución á apnea que saíu dunha fábrica de indutores

As persoas que padecen apnea do sono levan décadas esperando que unha eminencia médica ou unha startup de tecnoloxía sanitaria os libere da incomodidade de durmir conectados a un compresor de aire. Probablemente o último que imaxinaban é que o milagre llelo faría un fabricante de indutores eléctricos. Esa empresa chámase Torytrans e ten a súa sede nun polígono industrial de Almagro, en Cidade Real.

Páxinas