Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

FECYT organiza a segunda edición do curso para Xestores en Valorización Tecnolóxica

Despois do éxito da primeira edición, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) abre a convocatoria para a segunda edición do curso de formación en Xestores en Valorización Tecnolóxica, que comezará a impartirse a partir de febreiro de 2012.

O Goberno prorroga a vixencia do VI Plan Nacional de I+D+i (2008-2011)

O Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se prorroga o VI Plan Nacional Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, durante o período 2008-2011, mentres non se aprobe o futuro Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica. O actual plan seguirá en vigor, como mínimo, ata 2012.

O MIT converte a Málaga en referente tecnolóxico mundial

Málaga converterase esta semana nunha referencia mundial da tecnoloxía, grazas ao Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). Este centro, que acumula unha gran cantidade de premios Nobel, celebrará o 26 e 27 de outubro na cidade andaluza o seu prestixioso congreso EmTech sobre tecnoloxías emerxentes, por primeira vez en Europa.

Os maiores investidores empresariais europeos en I+D van aumentar os seus esforzos de innovación nun 5% cada ano

As maiores empresas de investimento en I+D con sede na UE prevén que os seus investimentos globais en investigación e desenvolvemento aumenten anualmente nun 5% entre 2011 e 2013, o que equivale a máis do dobre das previsións do ano pasado e representa unha suba importante fronte ao 2,6% de diminución dos investimentos en I+D rexistrada por esas empresas en 2009.

As empresas investirán 1,9 billóns en tecnoloxías da información en 2012

As empresas de todo o mundo investirán en 2012 un total de 2,7 billóns de dólares (1,9 billóns de euros) en tecnoloxías da información, un 3,8% máis do que destinarán a eles este ano, segundo as estimacións de Gartner. Malia o avultado da cifra, a consultora fala de certa minorización porque o incremento que esperan para este ano é do 5,9%.

Unha empresa e tres centros de investigación desenvolven conxuntamente un mando para conducir o automóbil cunha soa man

A empresa española Ficosa Internacional, o Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV), o Centro de Estudos e Investigacións Técnica de Guipúscoa (CEIT), e a Escola de Enxeñeiros da Universidade de Navarra (Tecnum) desenvolveron de forma conxunta un prototipo de mando que permite conducir vehículos cunha soa man. Os seus responsables tratan de substituír o volante de sempre por un dispositivo manexable que pode ser empregado por persoas con problemas de mobilidade.

Vinagre galego e un software contra a espionaxe industrial, ideas innovadoras premiadas pola USC

A elaboración dun vinagre balsámico galego (mencía) e un software de rastrexo documental (SRD) para combater a espionaxe industrial son dúas das cinco propostas premiadas na XII Edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ao que por vez primeira dende o nacemento do certame se presentaron máis mulleres que homes.

Tecnópole participa no Día do Emprendedor nas súas tres situacións

Tecnópole fará promoción activamente das súas incubadoras empresariais e os seus servizos de apoio ao emprendemento nas tres situacións que este ano acollerán o Día do Emprendedor.

Formato Verde inaugura o novo programa de TVE 'Emprendedores Innovadores'

A empresa do sector ambiental Formato Verde, con sede en Tecnópole, abriu o primeiro capítulo do novo programa semanal 'Emprendedores Innovadores', que TVE emitirá cada domingo ás 13 horas.

Xosé Antón Vila Sobrino é nomeado novo director do CITI

O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo conta xa cun novo director. Trátase de Xosé Antón Vila Sobrino, profesor da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Con dependencia orgánica e funcional da Vicerreitoría de Investigación, o CITI comeza unha nova etapa cunha nova dirección que se marca como obxectivo dinamizar a actividade do centro e sacar maior proveito aos seus recursos humanos, instalacións e dotación tecnolóxica.

O Centro Tecnolóxico AIMEN idea un sistema láser para fabricar módulos fotovoltaicos óptimos a partir de células solares defectuosas


O Centro Tecnolóxico AIMEN lidera un proxecto europeo de I+D para desenvolver un dispositivo láser destinado á reparación de células fotovoltaicas danadas durante o seu proceso de fabricación, para producir con elas novos módulos fotovoltaicos, de características melloradas e con formatos personalizados.

Airbus Military, ADIF e Tecnalia Research & Innovation levan o premio Sello Innovación 2011 de APTE

A empresa Airbus Military e as entidades ADIF e Tecnalia Research & Innovation resultaron galardoadas na última edición do premio Sello Innovación 2011 de APTE. Os premios entregaraos o secretario xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Juan Tomás Hernani, o próximo 13 de outubro, coincidindo coa inauguración do quinto Encontro Ibérico de Parques Científico e Tecnolóxicos, xornada que se celebrará no Parque Científico de Madrid.

Páxinas