Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Arranca a segunda edición do BFFood, a aceleradora para innovadores do sector alimentario

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) abriu unha nova edición de BFFood, a súa aceleradora do sector alimentario destinada a axudar a poñer en marcha proxectos innovadores relacionados con este sector. O prazo para poder participar neste proxecto permanecerá aberto ata o próximo 30 de novembro.

Entre todos os participantes, seleccionaranse dez proxectos innovadores que dean resposta aos retos reais presentados polas empresas agroalimentarias. Estes disporán do apoio económico da Xunta de Galicia, en concreto, accederán a un financiamento de 25.000 euros a fondo perdido.

Un proxecto de universidade de Sillicon Valley chega a Galicia para crear un "centro de innovación" único en España

A Singularity University de Sillicon Valley acordou impulsar, xunto coa obra social Afundación, un proxecto de universidade polo que Galicia se converterá na nova sede dun "centro de innovación" con características únicas en España.

A nova SingularityU Galicia Chapter contará cos mesmos obxectivos fundacionais que o centro estadounidense, polo que buscará "formar, inspirar e empoderar ás persoas para que utilicen tecnoloxías exponenciais para abordar os grandes retos da humanidade", explicou Afundación.

Innovación en procesos, a clave do éxito de Inditex e Amazon

Captar as tendencias e levalas con rapidez e eficiencia ao mercado, no caso de Inditex, ou perfeccionar un sistema loxístico ata ser capaz de entregar unha compra online en só dúas horas, no caso e Amazon, son dous exemplos de innovación en procesos que abriron a porta do éxito empresarial a dúas multinacionais líderes no seu sectores.

Os procesos produtivos e as claves da súa transformación centraron na Coruña o XII Encontro de Alumni de IESE en Galicia, que contou coa intervención do director de Operacións de Amazon en España, Francia e Italia, Fred Pattje.

Porto-Muiños, premio Origen á innovación de introducir algas na cociña atlántica

Esquezámonos das algas relacionadas con exóticos pratos xaponeses. Galicia conta dende hai xa un par de décadas con Porto-Muiños, unha das empresas pioneiras en introducir as algas na gastronomía local a base dun proceso constante de innovación, que agora foi recoñecida pola revista Origen, como gañadora da categoría Mellor Produtor.

Acender a tele ou a calefacción coa mirada: o novo sistema capaz de interactuar con máquinas

Cambiar o enfoque dunha cámara de videovixilancia cun só xesto, acender o televisor tamén deste xeito ou poñer en marcha a calefacción nunha casa é o que logrou un equipo de enxeñeiros de Madrid, que desenvolveu un sistema de recoñecemento xestual capaz de funcionar en tempo real.

Un español desenvolve cerebros de grafeno para amplificar a intelixencia artificial

"O ceo ten o paraíso; a terra, Suzhou e Hangzhou". Con este refrán, China fai alarde de dous dos seus enclaves máis belos. No primeiro, o español Mario Lanza atopou o seu particular edén. Na cidade que o propio Marco Polo confundiu con Venecia, o investigador dedica o seu tempo ás súas dúas grandes paixóns: a súa familia e a nanociencia. Máis de 100 artigos científicos, un libro, catro patentes e tres empresas, agora Lanza desenvolve os novos 'discos duros' que farán posible a explosión da intelixencia artificial.

Os riscos das empresas na súa viaxe dixital

A transformación dixital non está exenta de riscos. As empresas enfróntanse ao reto de ser áxiles na súa dixitalización, pero recoñecen que encaran dificultades para levar a cabo estes plans. Unha recente enquisa de Deloitte a 166 organizacións de todo o mundo, entre elas españolas, desvela cales son os principais obstáculos que dilatan o tempo que tardan as compañías en converter as ideas en iniciativas.

Máis de 150 de escolares aprenden en Tecnópole que as profesións científico-tecnolóxicas son para todas e todos

Máis de 150 escolares pasarán ao longo deste mes polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole para participar nas tres xornadas de impulso das vocación científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. A semana pasada tivo lugar a primeira delas, que reuniu medio centenar de estudantes do Colexio Maristas de Ourense.

Akunatura organiza un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte á legionella

A empresa Akunatura, instalada no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza a finais deste mes un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte á legionella.

O curso diríxese ao persoal encargado do mantemento hixiénico-sanitario de instalacións sensibles, co obxectivo de que poidan tomar as medidas de prevención e control ante o risco de infección por legionella. Ademais, adestraráselles nos protocolos de actuación específicos en función do tipo de instalación.

O sector agroalimentario galego mira á terceira idade

Din as estatísticas que no ano 2050 o 40% da poboación española terá máis de 65 anos. E, a pesar de que en todo o mundo se lanzaron nos últimos exercicios máis de dous mil produtos destinados ao público sénior, só o 1% corresponde a industrias do noso país.

Con estas cifras na man, o Clúster Alimentario de Galicia decidiu, hai uns anos, poñer en marcha o proxecto europeo Nutriage. Tratábase de elaborar unha guía para dar información aos centros tecnolóxicos e empresas galegas para que se incorporasen a este mercado.

A Xunta abre unha nova convocatoria para seleccionar novos proxectos para a aceleradora BFAero

A aceleradora Business Factory Aero, que forma parte do Polo Aeroespacial de Galicia impulsado a través da Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia, lanzou a súa segunda convocatoria para captar talento e seleccionar seis novos proxectos innovadores con drons e vehículos non tripulados.

O xel que axudará a loitar contra os incendios forestais

Unha xelatina inocua para a vexetación e cun efecto de retardo contra o lume foi probada con éxito e promete ser unha importante ferramenta na prevención de incendios forestais en California.

"Isto ten o potencial de facer a loita contra os incendios forestais moito máis proactiva en lugar de reactiva", sinalou ao presentar os resultados Eric Appel, autor principal do estudo e profesor asistente de Ciencia de Materiais e Enxeñería da Universidade de Stanford.

Páxinas