Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O proxecto de loita biolóxica contra a avespa velutina gaña o primeiro premio da Galiciencia 2019

O proxecto de loita biolóxica contra a avespa velutina desenvolvido por estudantes pontevedreses é o gañador absoluto da Galiciencia 2019. A proposta de Nuno Sinde e Pedro Fernández, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio, de combater esta especie invasora usando fungos foi o mellor valorado polos 40 membros do xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2020 (Barcelona).

O campamento de verán de Tecnópole abre o seu prazo de inscrición

Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do único campamento tecnolóxico de verán que se celebra en Galicia. Os Tecnópole Technological Workshops (T2W) chegan á súa sétima cita anual o próximo mes de xullo e a inscrición xa está aberta.

Agrobiotech impulsará a innovación en 12 pemes galegas dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e biomasa

A aceleradora de empresas Agrobiotech, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), e polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), acaba de concluír a selección das pemes galegas que aumentarán as súas capacidades de negocio grazas a este programa intensivo de apoio que desenvolverán de maio a novembro deste ano.

O director de Tecnópole detallará as oportunidades de negocio ligadas á tecnoloxía blockchain na XVII Conferencia Internacional de APTE

O director xerente de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, Ricardo Capilla, detallará as oportunidades de negocio para empresas ligadas á tecnoloxía blockchain durante a XVII Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), que se celebra este xoves en Málaga da man do Parque Tecnolóxico de Andalucía.

O Reitorado da Universidade malagueña congregará máis de 250 persoas de 13 nacionalidades, representantes de parques científicos e tecnolóxicos, empresas, entidades e expertos nacionais e internacionais en materia de blockchain

Akunatura organiza un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte a legionella

A empresa Akunatura, instalada no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza entre finais do mes de maio e principios de xuño un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte a legionella.

O curso diríxese ao persoal encargado do mantemento hixieÏnico-sanitario de instalaciÛns sensibles, co obxectivo de que poidan tomar as medidas de prevencioìn e control ante o risco de infección por legionella. Ademais, adestraráselles nos protocolos de actuacioÏn especiÏficos en funcioÏn do tipo de instalacioÏn.

O Grupo Coren inicia en Lugo a plantación de cereais ecolóxicos

O Grupo Coren iniciou o pasado mes de abril un proxecto pioneiro en Galicia de cultivo de cereais ecolóxicos, co obxectivo de destinalos á alimentación das súas producións con certificación ecolóxica. A iniciativa forma parte dos proxectos ambientais que promove a cooperativa presidida por Manuel Gómez-Franqueira seguindo os modelos de sustentabilidade que son recoñecidos por asociacións ecoloxistas de ámbito nacional e internacional.

A aeronáutica galega despegará este ano cos 900 pedidos de Airbus, con oasa e Laddes Works entre os seus principais provedores

A frota mundial de avións de pasaxeiros duplicarase ata case 48.000 unidades nos próximos 20 anos. O aumento do tráfico de pasaxeiros fixo da aeronáutica un sector imparable que crecerá a un ritmo do 5% anual ata o 2039, segundo os prognósticos compartidos polo construtor europeo Airbus e o seu eterno rival, o estadounidense Boeing.

O negocio civil é o gran motor da industria en España, onde Airbus Group ten máis de 2000 subministradores de compoñentes, aos que contrata un volume de actividade media de 1800 millóns de euros ao ano.

Galicia aposta polas espiñas de peixe para protexerse do sol

Os descartes da pesca son utilizados dende hai tempo na fabricación de fariñas, e o fosfato cálcico presente nos espiñazos descubriuse como un compoñente ideal para implantes dentais ou próteses. "Nunha de cadeira, o titanio funciona ben, pero se a recobres con fosfato cálcico, integrarase mellor e será máis amable para o corpo", explica Juan María Pou Saracho, catedrático do Departamento de Física aplicada da Escola de Enxeñería Industrial na Universidade de Vigo, onde levan dez anos investigando as posibilidades deste ingrediente natural.

Os Premios Emprendedores XXI recoñecen a innovación ibérica, con blockchain como protagonista

A innovación en España vai moito máis alá dos grandes hubs de Madrid, Barcelona ou Valencia. Máxime cando ampliamos o horizonte para fixarnos non só nos avances TIC puros, senón tamén nas súas ramificacións en ámbitos como a agricultura, turismo, sanidade, comercio ou finanzas.

Por iso son reseñables os recoñecementos ao labor emprendedor en toda a xeografía, xa non española senón ibérica. É o caso dos Premios Emprendedores XXI, que xa van pola súa duodécima edición nos que xa se aceleraron 300 proxectos.

Unha start-up británica fabrica robots accesibles para pemes por 5800 euros

En novembro do ano pasado Eva empezou a traballar en Qualitetch, un fabricante inglés de compoñentes metálicos. Os enxeñeiros da empresa esperaban intrigados a súa chegada, a pesar de que o traballo que tiña que realizar Eva era moi monótono: cargar láminas de metal nunha cinta transportadora.

Tecnópole e Xunta invitan familias e grupos de amigos ao espectáculo "A maxia da ciencia"

Este próximo sábado día 4 de maio todas as familias e grupos de amigos de Ourense ou de calquera outro punto de Galicia están invitados ao espectáculo "A maxia da ciencia", organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole coa colaboración da Xunta de Galicia e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Galiciencia celebra a súa edición dedicada á saúde e os bos hábitos con récord absoluto de proxectos presentados

Un sistema de arranque intelixente para coches que se bloquea se estás bebido, unha cadea de comida rápida saudable, un invernadoiro de patacas para astronautas, un sistema ecolóxico de loita contra a avespa velutina, un casco con luces LED para evitar atropelos de ciclistas e bioplásticos de orixe orgánica son só algúns exemplos dos proxectos que participarán na Galiciencia 2019.

Páxinas