Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

1stFone, o innovador móbil para nenos sen pantalla e que garda 12 contactos

Os menores cada vez acceden antes ao seu primeiro dispositivo móbil, ben porque teñen acceso ao dos seus pais ou ben porque son os seus propios proxenitores os que lles proporcionan un para estar localizables cando non están na casa.

A aeronáutica destina o 70% das súas innovacións á mellora ambiental

As últimas xeracións de aeronaves, como o A380, o A350XWB e o Boeing 787 –en cuxa fabricación participan as empresas do cluster de aeronáutica e espazo HEGAN- usarán menos de 3 litros por pasaxeiro aos 100 quilómetros, o menor consumo conseguido ata agora en avións comerciais.

As pemes de Tecnópole poderán beneficiarse das axudas para entidades da Federación Galega de Parques Empresariais

As pemes de Tecnópole poderán optar ás axudas contempladas en tres programas que a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) desenvolverá coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

A Deputación de Ourense convoca a contratación de servizos para as instalacións deportivas de Tecnópole

A Deputación de Ourense convocou a contratación do servizo de socorrismo, limpeza e conserxería das instalacións deportivas do Parque Tecnolóxico de Galicia para a próxima tempada de verán, dende o 1 de xuño ao 31 de agosto e sen posibilidade de prórroga.

A Comisión Europea designa a Cámara de Ourense como punto de información da Rede Europe Direct

A Cámara de Comercio de Ourense foi designada pola Comisión Europea como novo membro da rede Europe Direct, un punto de información dirixido á sociedade ourensá en xeral pero que, no caso da Cámara, prestará unha atención especial a empresarios, autónomos, emprendedores e traballadores. Con esta designación, a Cámara ourensá convértese no único centro de información da provincia, terceiro de Galicia e segundo da rede cameral española, xunto con Xixón.

Galicia posiciónase como líder mundial na produción de novos materiais de aplicación industrial

A necesidade de incorporar novos compostos, capaces de substituír aos materiais tradicionais para lograr a eficiencia global de produtos e procesos, levou á industria galega a realizar un importante esforzo no desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que permitan afrontar o problema da escaseza de recursos.

Un sistema remoto español promete un aforro enerxético do 60%

A compañía española C3M ideou un avanzado sistema de control remoto, baseado na tecnoloxía cloud computing, que xa permite aforros de ata o 60% nas facturas da luz, a auga e o gas.

O MIT lanza a súa convocatoria para mozos innovadores en España

Hai uns días foi lanzada a terceira convocatoria do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) para atopar os 10 mozos menores de 35 anos máis innovadores de España.

Avance tecnolóxico español para que as baterías dos 'smartphones' duren máis

Na actualidade, os smartphones e tabletas evolucionaron ata estar sobredimensionados para as necesidades da maioría de aplicacións; pero as baterías, malia aumentar a súa capacidade, cada vez duran menos, sinala a SINC Miguel Peña, director de I+D da firma de solucións de software corporativo NTS.

España é o segundo país do mundo en patentes de enerxías renovables por habitante

España é o segundo país do mundo con máis patentes de enerxías renovables por habitante, só por detrás de Alemaña e por diante de Estados Unidos, e destaca especialmente pola súa innovación no ámbito solar, no que concentra o 43% do total.

Bitcoin: ¿a revolución económica da era de Internet ou un experimento repleto de riscos?

'Creo en diñeiro honesto. Ouro, prata e Bitcoin'. O lema pode lerse nalgúns bares e en adhesivos que portan orgullosos investidores da cada vez máis popular moeda electrónica. Pero, ¿en que consiste Bitcoin? Trátase dunha divisa virtual, sen soporte físico en moedas ou billetes, que se pode adquirir por Internet e que serve para o que calquera outra: comprar ou investir para sacarlle rendemento.

O coche conectado empeza a rodar en España

As empresas de renting, de aluguer de frotas de vehículos a empresas con servizos que inclúe ata o mantemento, son pioneiras en utilizar as TIC. Conectan os vehículos a Internet para recoller a información e darlles todo tipo de servizos.

Páxinas