Publicada a primeira cartografía económico-empresarial de Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A existencia dunha cultura da innovación nas empresas galegas é inferior á media estatal, aspecto que se deduce da realización dun menor esforzo empresarial en I+D.
 
Este é un dos principais resultados da Cartografía realizada pola Escola de Organización Industrial EOI, en colaboración coa Xunta de Galicia, e cofinanciada por Fondos FEDER, que identifica cales son os principais espazos de relación das empresas galegas na Rede en busca de definir unha estrutura que permita difundir a innovación no ámbito das Pemes galegas, animando tanto ao desenvolvemento da súa cultura organizativa de valores orientados á innovación, como á realización de proxectos neste ámbito, potenciando á súa vez o Networking das empresas galegas que innovan ou desexan innovar.
 
A Escola de Organización Industrial identificou nun documento todas as Best Practices que se atoparon e que orientan sobre as tendencias no uso da Rede de cara á difusión da innovación. Para iso, realizou unha análise das iniciativas desenvolvidas en Social Media por parte de agrupacións de empresarios co obxectivo de identificar best practices e tendencias, co fin de mellorar a comunicación e a difusión das súas iniciativas no ámbito Internet e obter éxito.
 
Neste sentido, extraéronse algúns vectores a vixiar e a potenciar na estratexia na rede para a difusión da innovación e networking nas PEMES Galegas. Así por exemplo, do estudo extráese que a maioría das empresas son micropemes e desenvolven a súa actividade en sectores tradicionalmente pouco innovadores, e que existe unha elevada dispersión, xeográfica e de natureza, de diferentes espazos de encontro para empresas/directivos. Máis alá, as empresas con compoñente tecnolóxica media/alta supoñen só 2,3% do total, e as persoas ocupadas en empresas con compoñente tecnolóxica media/alta supoñen en torno ao 6,5% do total, porcentaxe que é inferior á media española.
 
Puntos fortes e oportunidades
 
Se nos fixamos nos puntos fortes e oportunidades que se extraen do estudo: Galicia atópase por debaixo da media estatal nos indicadores de uso de internet e dispoñibilidade de banda ancha, se ben, os datos galegos aproxímanse aos españois para os núcleos de poboación de máis de 50.000 habitantes. Coexistindo coa estrutura minifundista sinalada no vector anterior, destaca tamén a existencia, dentro do sistema galego, de organizacións empresariais e líderes empresariais que ostentan fortes liderados tanto no ámbito do conxunto da realidade española como no internacional.
 
Agora ben, os datos galegos superan a media estatal no que se refire ao uso de ordenador e internet para o grupo de idade entre 16 a 24 anos. Ademais, convén sinalar a existencia dun número importante de boas prácticas, no ámbito da innovación e do networking que poden ser aproveitados; sen obviar que existe unha masa crítica de prescritores "locais" para o impulso dos social media e de foros de innovación que se poden utilizar como panca, claro exemplo diso son as redes de networking relativamente desenvolvidas en sectores concretos (por exemplo TIC´s).
 
A aprobación do novo plan galego de I+D+I, a existencia dun núcleo inicial sobre o que traballar para dinamizar os procesos de difusión da innovación e networking como é a Rede Xiga, e o grao de utilización de social media polos axentes do sistema vinculados á Dirección Xeral de I+D+I da Xunta de Galicia son as pancas sobre as que se difundirá a innovación en Galicia.
 
A publicación 'Estratexias de difusión de coñecemento, animación e potenciación de networking empresarial na Rede de Innovación das Pemes Galegas' pódese descargar aquí.
 
(Fonte: EOI)