PSA Peugeot Citroën sitúa en 2018 o ano para os vehículos con sistemas de condución autónoma

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
PSA Peugeot Citroën podería lanzar en 2018 os seus primeiros vehículos con sistemas de condución autónoma para a súa utilización en atascos, segundo anunciou o presidente da empresa, Carlos Tavares.

Tavares, que confirmou os obxectivos do plan estratéxico que está a levar a cabo a empresa, indicou que PSA ten o obxectivo de ser un "actor relevante" nos servizos conectados, despois de ser pioneiro na introdución da chamada de emerxencia que, en dez anos, transferiu 13.000 chamadas aos servizos de rescate en Francia.

Así mesmo, o directivo sinalou que a multinacional francesa continuará desenvolvendo tecnoloxías innovadoras para os vehículos do futuro, entre as que destacan vehículos híbridos enchufables e tamén coches eléctricos.

Tavares tamén subliñou que PSA seguirá investindo en operacións de Investigación e Desenvolvemento para seguir reducindo as emisións de dióxido de carbono (CO2) dos seus modelos e recordou que a normativa europea contempla unhas emisións medias de CO2 de 95 gramos por quilómetro para 2020.

Ao mesmo tempo, destacou que é necesario que se leve a cabo unha renovación do parque automobilístico, xa que un coche cun motor Euro 1 emite as mesmas partículas que 600 vehículos con Euro 5 e Euro 6, equipados con filtro de partículas.

"O coche é un activo precioso porque achega liberdade e mobilidade, que son a verdadeira esencia dunha sociedade moderna, aberta e adaptable,", engadiu o máximo responsable da corporación, que reiterou o obxectivo de mellora da situación económica de PSA.

(Fonte: Agencias)