Proxecto innovador para potabilizar a auga de uso doméstico

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O proxecto galego Trihsens, enmarcado no programa Conectapeme 2018, é exemplo de innovación, como tamén de cooperación entre pequenas e grandes empresas como afirman os socios que conforman o consorcio: Roca Roibás, Syspro, Ayco, Viaqua, Aimen e Cetaqua.

O obxectivo do proxecto é mellorar os sistemas de potabilización actuais cara a unha xestión cada vez máis eficiente, que permita o desenvolvemento dunha solución integral para a monitorización en tempo real da auga de consumo humano. Esta meta supón unha aposta pola protección e a preservación deste recurso natural.

Tras os primeiros meses, corroborouse a eficacia do uso de sensores de fluorescencia -baseados nunha tecnoloxía LED-, que supoñen un avance na monitorización in situ do proceso de potabilización. Así, garántese a xestión eficiente e asegúrase o control exhaustivo da auga de consumo que é distribuída na cidade de Santiago.

Esta innovadora tecnoloxía, que será instalada proximamente na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) do Tambre, está baseada en redes neuronais artificiais que actúan como un sistema de predición e protección extra no proceso de potabilización da auga.

Xestión preventiva

Trihsens promove o cambio impulsado polas novas políticas europeas mediante o desenvolvemento dunha tecnoloxía enfocada a unha xestión preventiva eficiente; á vez que segue fomentando a colaboración, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación.

En 2018 deu comezo o desenvolvemento deste proxecto, que conta co apoio da Xunta a través da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, cofinanciado con Fondos Feder.

(Fonte: El Correo Galego)