Un proxecto para o desenvolvemento do sistema de transporte "Hyperloop" gaña o Premio Everis 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A Fundación Everis outorgou o Premio Everis 2017 a Zeleros, un proxecto de enxeñeiros españois que desenvolve a tecnoloxía para construír o vehículo do sistema de transporte Hyperloop. Este concepto permite alcanzar velocidades de ata 1000 km/h cun consumo enerxético moi baixo.
 
Adicionalmente, a startup presenta grandes avances en canto a sistemas de levitación e tecnoloxías magnéticas, aplicables a diversas industrias.
 
O gañador obterá un premio de 60.000 euros a fondo perdido, así como un servizo de asesoramento por parte de i-deals (Grupo Everis) valorado en 10.000 euros. O proxecto premiado foi recoñecido pola súa proposta de converter a Europa nunha potencia en canto ao desenvolvemento de novas tecnoloxías de transporte disruptivas, mellorando así tanto o transporte de persoas como o de mercadorías.
 
Nesta XVI edición presentáronse 1264 proxectos procedentes de 28 países. O galardón recoñece os proxectos tecnolóxicos que axudan a impulsar a sociedade en ámbitos como a economía dixital, as tecnoloxías industriais e enerxéticas, e a biotecnoloxía e saúde.
 
Plataforma de cocreación
 
Ademais, o xurado premiou cun accésit de 10.000 euros ao proxecto colombiano Interacpedia, unha iniciativa que conecta as universidades e estudantes co ecosistema emprendedor a través dunha plataforma dixital de cocreación que permite transformar propostas académicas en proxectos innovadores.
 
Desta forma, Interacpedia axúdalles a crear un uso real na sociedade de formulacións teóricas. A plataforma conta xa con máis de 9000 usuarios, 1500 proxectos en 53 universidades e 7 cidades en tan só ano e medio de vida cunha porcentaxe de éxito do 85%.
 
(Fonte: Innovamás)