Primux logra a súa acreditación de empresa comprometida coa inserción laboral de persoas con síndrome de Down

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Primux recibiu recentemente o diploma de empresa comprometida coa inserción laboral de persoas con síndrome de Down, outorgado pola asociación Down España. O certificado "Estamos prep@rados" foille concedido durante un acto celebrado na Confederación de Empresarios de Ourense, no que se recoñeceu o apoio da empresa -cuxo centro de I+D se atopa en Tecnópole- á inserción laboral do colectivo.

O programa no que se inclúe a participación de Primux, "Eu prep@rome", promovido por Down Ourense e a Fundación Vodafone España, trata de concienciar sobre a inclusión laboral das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual. Esta iniciativa busca mostrar ás empresas e a sociedade en xeral, a través de programas de formación e emprego, que beneficios achega a inserción laboral de persoas con capacidades diversas.

(Fonte: Primux)