Primux doa 300 dispositivos móbiles a hospitais e residencias

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa Primux, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, doou 300 dispositivos móbiles a hospitais e residencias da terceira idade do norte de España. Esta acción solidaria, promovida baixo o nome “Abrazos en la distancia”, realízase en colaboración con Cenor Electrodomésticos. Con ela búscase que os usuarios dos centros hospitalarios se abracen na distancia cos seus seres queridos, a través de chamadas e videollamadas, durante esta situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19.

“Queremos que estes días de distanciamento sexan un pouco máis levadíos para aqueles que non teñen ás súas familias preto, para que as persoas que agora mesmo non poden, vexan cada día á súa familia e amigos” -declaran desde a empresa-. Polo momento xa se pechou a doazón coa Xunta de Galicia e o Goberno de Navarra.

A empresa tecnolóxica Primux está centrada no desenvolvemento de computadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos. E nestes intres, máis que nunca, defende a idea de que “a tecnoloxía une” e reafirma o seu compromiso cara á súa contorna, axudando ás persoas que se atopan incomunicadas.

Fonte: Tecnópole