Primeiro paso para a ampliación de terreos na Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao reuniuse coa conselleira de Vivenda, Territorio e Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para analizar os últimos avances realizados polo goberno galego para concretar a ampliación do Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. 

Catro meses despois da visita do presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, na que anunciou a intención de desenvolver e urbanizar a segunda fase do Parque Tecnolóxico, Ángeles Vázquez incidiu na necesidade de impulsar unha ampliación que responde á demanda de solo que tanto as firmas asentadas no Polígono como o propio Concello de San Cibrao levaban pedindo para atraer a empresas e actividade industrial. 

Sobre a mesa informouse do primeiro paso dado por parte da Xunta de Galicia de firmar un protocolo de colaboración entre o Parque Tecnolóxico, o Concello de San Cibrao e Xestur, por virtude do cal este último organismo público se converte en promotor e poderá urbanizar e vender posteriormente os terreos. 

A conselleira Ángeles Vázquez explicou aos representantes presentes na reunión que o protocolo xa estaba redactado e espérase que nos próximos días se eleve ao Consello de Administración do Parque Tecnolóxico para que o órgano máximo de dirección e xestión dea o visto e prace. 

A ampliación do parque empresarial abre un abanico de posibilidades coa presumible ampliación xa que dotará un espazo de 370.000 metros cadrados para todas aquelas empresas que queiran ter a súa actividade industrial no único parque tecnolóxico de Galicia. Pola súa parte, o espazo industrial continuará coa inscrición no rexistro da propiedade dos terreos pendentes e, de forma paralela, a Consellería expuxo que traballará en tres direccións. 

A primeira será na revisión da situación urbanística do solo urbanizado, a segunda no estudo das posibles modificacións do plan parcial para adaptalo ao plan sectorial da rede viaria de Ourense e tamén ao proxecto de urbanización co fin de intentar abaratar gastos, e a terceira na análise da conexión viaria co novo parque empresarial de Paderne de Allariz. 

A conselleira Ángeles Vázquez recordou que o departamento galego de Medio Ambiente incluíu nos presupostos deste ano unha partida de 200.00 euros que permitirán realizar os traballos necesarios para a revisión e a adaptación dos documentos urbanísticos e técnicos que permitirán o correcto desenvolvemento desta situación. 

Fonte: Faro de Vigo