Primeira planta solar con almacenamento enerxético en baterías

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Acciona Enerxía culmina en Tudela (Navarra) a primeira experiencia europea dunha instalación fotovoltaica a escala industrial con almacenamento enerxético en baterías.

A planta solar ocupa unha superficie de 60.000 metros cadrados e conta con 400 estruturas de seguimento solar, dotadas de 14.400 módulos fotovoltaicos que suman unha potencia de 1,2 MWp. Agora, co proxecto ILIS, a construtora española Acciona incorporou baterías que suavizan as flutuacións de potencia almacenando ou complementando a enerxía procedente do campo solar.

A instalación española, que opera xa de xeito satisfactorio conectado a rede, inclúe un sistema de baterías de última xeración (ión-litio) de 1,1 MW de potencia e 560 kWh de enerxía, subministrado pola compañía SAFT.

O proxecto trata de mellorar a integración na rede da enerxía fotovoltaica e permitir así unha maior penetración desta tecnoloxía no sistema eléctrico.

O sistema de control de planta ten en conta as predicións de produción, os prezos de mercado, as consignas do operador do sistema e o estado da rede eléctrica en cada momento, para seleccionar a estratexia de funcionamento, ao tempo que monitoriza o funcionamento de toda a instalación e posibilita tamén o envío de información en tempo real ao operador da rede.

(Fonte: Spain Technology)