A primeira lámpada que está viva

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Xerar luz sen consumir enerxía eléctrica pode parecer unha utopía, pero a bioloxía ten unha resposta a ese desafío a través da bioluminiscencia. O truco está en aproveitala de tal forma que se converta nunha alternativa viable e amigable co medio ambiente.
 
Philips comezou a explorar un concepto de bioluz baseado en bacterias alimentadas con metano. As súas aplicacións poderían alcanzar moitos ámbitos de baixa luz, dende cines e discotecas ata sistemas de sinalización e saídas de emerxencia.
 
Dise que o esencial é invisible aos ollos, e isto é particularmente certo á hora de consumir enerxía. Acender unha luz pode ser o máis natural do mundo para nós, ¿pero canta enerxía estamos a desperdiciar que non vemos? Dende os cargadores dos móbiles ata aqueles equipos de audio que reportan a hora mesmo estando "apagados", o desperdicio de enerxía pode ser moi importante, aínda que xa se activaron diferentes regulacións que buscan reducir esta perda. Un simple sinal que ilumina a palabra "saída" ou as frechas indicatorias das salas de cinema necesitan de enerxía eléctrica a pesar de emitir unha luz moi baixa, polo tanto, se os resultados son tan humildes, e o consumo está alí de todos os xeitos, ¿non se podería facer algo ao respecto?
 
De acordo coa xente de Philips, sería posible implementar un sistema de bioluz, baseándose na bioluminiscencia dalgunhas bacterias. O seu concepto ten a aparencia de células montadas na parede utilizando un marco de aceiro, interconectadas entre si por tubos de silicio que alimentan as bacterias con metano. O resultado é a emisión dunha luz verde, pero pode ser alterado coa introdución de proteínas fluorescentes. O metano é obtido do dixestor instalado como parte do concepto "Microbial Home" de Philips, un fogar no cal o que normalmente é considerado como desperdicio pode ser reutilizado para o funcionamento doutros dispositivos.
 
Sinalizacións
 
Sinalización en camiños, luces de emerxencia, saídas para cines, luz ambiental e ata indicadores para sistemas de diagnóstico (como monitores de diabete) serían algunhas das aplicacións teóricas para este tipo de iluminación. Unha bioluz non sería adecuada para iluminar un fogar enteiro, pero tamén contribúe a que a "iluminación estética" poida volverse moito máis verde e eficiente do que é agora. Apenas se trata dun concepto, e sería algo apresurado falar dunha aplicación comercial, sen mencionar o feito de que estas luces necesitan metano para "traballar". Non obstante, se a xeración de metano a partir de material de desperdicio se converte nunha opción para os fogares do futuro, ¿entón por que non?
 
(Fonte: ABC)