A primeira fase das obras de urbanización da ampliación de Tecnópole sairá a concurso proximamente

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Parque Tecnolóxico de Galicia conta xa coa totalidade dos terreos que permitirán a súa ampliación. Unha realidade posible despois de que os procesos de compra e expropiación chegasen á súa fin. Mentres que a superficie actual do parque é de 550.000 metros cadrados, a superficie a maiores que se conseguirá coa mencionada ampliación sitúase nos 430.000.
 
Proximamente, está previsto que saia a concurso a primeira fase das obras de urbanización, cun presuposto próximo aos dous millóns de euros. Estas obras permitirán urbanizar un total de 80.646 metros cadrados, dos que 37.318 serán parcelas destinadas ás empresas.
 
O prazo estimado para a execución é de entre seis e nove meses, o que permitirá comezar a ofertar parcelas aos empresarios mentres se acomete (ao longo do ano 2012) o resto da ampliación.
 
Xa dende o pasado ano desenvólvense os traballos de recheo de terras cos excedentes procedentes do desterro para a construción do Eroski e tamén das tarefas de roza.
 
Esta actuación enmárcase nun convenio de colaboración que asinaron no seu día o Instituto Galego de Vivenda e Solo, o Parque Tecnolóxico de Galicia, o Concello de San Cibrao das Viñas e Xestur Ourense.
 
Este plan establecía que o Instituto Galego da Vivenda e Solo expropiaría, en beneficio de Xestur, os terreos que a empresa pública non puidera adquirir por mutuo acordo. Unha vez concluído este proceso, Xestur sería a encargada de transmitir a totalidade dos terreos, adquiridos en compravenda e expropiados, ao Parque Tecnolóxico de Galicia.
 
(Fonte: La Región)