A primeira Factoría de Innovación ponse en marcha en Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Vigo será a cidade que acollerá unha Factoría de Innovación en Galicia. O Consorcio Zona Franca e a Escola de Organización Industrial, xunto á Universidade de Vigo, son os organismos encargados da súa creación. Tratarase dunha institución destinada a fomentar nas pemes as solucións baseadas na I+D+i, conectando o labor investigador co empresarial, a través de propostas de produtos e procesos innovadores que melloren a competitividade das empresas.
 
A Factoría de Innovación situarase no polígono industrial que Zona Franca promove en Porto do Molle (Nigrán), e contará tamén cunha delegación na Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi), situado no Campus da UVigo.
 
O proxecto arranca cun investimento inicial de 300.000 euros. Deles, o 60% corren a cargo dos fondos europeos Feder, xestionado pola Escola de Organización Industrial (EOI). O resto achegarano a Universidade e a Zona Franca. A sinatura do convenio de creación correu a cargo do reitor universitario, Salustiano Mato, a delegada do Estado para a Zona Franca, Teresa Pisano, e o director xeral da EOI, Alfonso González Hermoso de Mendoza.
 
Pemes de calquera sector
 
Aínda que o traballo da Factoría de Innovación se orientará ás pequenas e medianas empresas de calquera sector, as principais actividades con maior potencia en Vigo serán primordiais, como o naval ou a automoción. Os promotores da Factoría de Innovación consideran que neses sectores hai empresas que poderían saltar outros, como a aeronáutica ou a xeración de enerxía para os procesos de intelixencia ou distribución. A máxima que rexe esta iniciativa é introducir de cheo a cultura da innovación na forma de traballar do equipo humano de cada compañía, para que amplíen o seu abano de actividade e, con iso, a súa capacidade de éxito.
 
A Factoría de Innovación de Vigo será a segunda de España con participación gobernamental. A primeira comezou a xerarse hai un ano en Sevilla, onde a Escola de Organización Industrial, propietaria da marca Factoría de Innovación, ten unha sede.
 
(Fonte: Faro de Vigo)