Presentada unha mochila para desenvolver a internet das cousas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Telefónica, en colaboración con Arduino, presentou no Campus Party de Berlín unha nova versión do proxecto Arduino GSM/GPRS Shield (mochila). O dispositivo incorporaba conexión GPRS/GSM a unha placa base de hardware libre, dando como resultado un dispositivo de baixo custo conectado grazas á tecnoloxía M2M (machine to machine) de Telefónica.
 
Isto ofrece múltiples posibilidades para promover de forma sinxela e económica a chamada ‘internet das cousas’. Esta “mochila”, que supón unha evolución da iniciativa presentada no Campus Party do 2011 de Valencia, incorpora destacadas novidades. O hardware e o software asociado melloraron, tanto na súa usabilidade como nas súas capacidades. As librarías reduciron o seu tamaño e permiten ademais un uso asíncrono, é dicir, que Arduino queda liberado para realizar outras tarefas mentres o shield se comunica.
 
Ademais, os usuarios de Arduino que empreguen o shield poderán subscribirse a un servizo de comunicacións facilitado por Telefónica a través do cal poderán xestionar o seu Arduino remotamente desde a web de BlueVia. O servizo inclúe as súas propias SIMs M2M de Telefónica que permitirán acceder a el desde os países da Unión Europea, Estados Unidos e case toda Sudamérica.
 
“Todas estas novidades son moi beneficiosas para os desenvolvedores xa que lles permite seguir avanzando de forma sinxela e económica aplicacións baseadas en comunicacións M2M”, sinalan desde Telefónica.
 
(Fonte: Innovaspain)