Os premios e axudas da Xunta para proxectos tecnolóxicos poden solicitarse ata o 28 de setembro

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As axudas para a terceira edición dos premios e apoio a proxectos 4.0, impulsadas pola Consellería de Economía cun presuposto de 4 millóns de euros, poden solicitarse ata o 28 de setembro.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a terceira edición desta convocatoria, que prevé apoiar como mínimo seis novas iniciativas colectivas para "seguir avanzando no desenvolvemento en Galicia da fábrica intelixente e conectada en sectores estratéxicos da economía", segundo informou a Consellería nun comunicado.

A previsión é mobilizar investimentos por 10 millóns de euros en proxectos de medio centenar de empresas coordinadas por organismos intermedios de carácter sectorial, para seguir avanzando na implantación da Industria 4.0 en Galicia.

Entre as principais novidades da convocatoria destaca o incremento das axudas máximas de 1 millón a 1,5 millóns de euros para impulsar cada un dos proxectos sectoriais aprobados, co obxectivo de facilitar a formación de grupos de empresas amplos e con investimentos de maior calado.

Como en convocatorias anteriores, cada un dos organismos intermedios promotores dos proxectos seleccionados recibirá un premio de 25.000 euros, como compensación polo seu traballo na formación de grupos de empresas dispostas a investir no ámbito da Industria 4.0. Este traballo inclúe a localización, a coordinación e a dinamización dos plans de investimento.

Os proxectos aprobados ao amparo desta terceira convocatoria sumaranse, indica a Xunta, aos impulsados polas 70 empresas beneficiarias das súas edicións anteriores, que mobilizan máis de 15 millóns de euros en "investimentos altamente tecnolóxicos", no ámbito da industria intelixente e conectada".

As relacionadas coa automatización e a intercomunicación entre máquinas son as tecnoloxías máis empregadas nos proxectos desenvolvidos ata a data, seguidas das vinculadas á sensórica ou a dixitalización de procesos.

Os plans apoiados a través desta liña de axudas, ademais de beneficiar de forma directa aos traballadores das empresas que acometen investimentos 4.0 e aos dos organismos intermedios, que facilitan a cooperación, "están chamados a actuar como investimentos de futuro, ao servir como exemplos a seguir por outras empresas no desenvolvemento da Axenda Industria 4.0".

(Fonte: Europa Press)