Os premios AppTourism abren a súa recepción de candidaturas ata o 30 de novembro

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Segittur) e Fitur convocaron a IV edición do concurso 'The AppTourism Awards' para desenvolver aplicacións móbiles que impulsen o uso de tecnoloxía na organización de viaxes, enmarcada na próxima edición da Feira Internacional do Turismo.

O obxectivo deste concurso é premiar as mellores aplicacións vinculadas ao sector turístico, tanto nacionais como internacionais, que dun xeito ou outro axudan a mellorar a experiencia do turista na organización da viaxe.

As empresas interesadas teñen ata o 30 de novembro para presentar as súas candidaturas a través dun formulario de inscrición, dispoñible en www.segittur.es, onde tamén se informa sobre as bases legais do citado concurso.

As aplicacións deberán estar xa dispoñibles nos distintos soportes de difusión dixital e poden optar a oito categorías diferentes. Entre elas inclúense o recoñecemento á mellor aplicación para smartwatch; mellor guía de destino nacional, mellor 'app' de turismo deportivo, natureza e aventura; mellor 'app' de turismo cultural e enogastronómico; mellor 'app' de servizos turísticos; mellor 'app' guía de destino internacional e mellor 'app' internacional de servizos turísticos.

A categoría de nacional subdivídese en 'guía de destino'; 'turismo deportivo'; 'natureza e aventura'; 'sol e praia'; 'turismo cultural e enagastronómico'; e 'servizos turísticos'. Por outro lado, os premios internacionais distinguen entre 'guía de destino'  e 'servizos turísticos'.

Os gañadores daranse a coñecer o 19 de xaneiro, en Fitur 2017, elixidos por un xurado presidido por Segittur e formado por expertos profesionais do sector de tecnoloxía, turismo, mercadotecnia 'online' e comunicación.

As mellores 'apps' nacionais serán incluídas á súa vez na aplicación 'Spain Collection' e incluiranse no portal oficial de turismo de España.

(Fonte: EP)