Premios Apps Fundación Telefónica, primeiro concurso para mozos sobre aplicacións móbiles en Firefox OS

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Os premios Apps Fundación Telefónica están destinados a mozos de entre 18 e 25 anos, que presenten unha idea innovadora para desenvolver con tecnoloxía de código aberto unha aplicación móbil, para o novo sistema operativo Firefox OS, que foi desenvolvido por Telefónica en colaboración coa Fundación Mozilla.

Este concurso pretende impulsar as oportunidades profesionais dos mozos no ámbito da cultura dixital, así como fomentar a innovación e as súas competencias dixitais.

Para participar, os candidatos deben rexistrase antes do 20 de outubro na web de Fundación Telefónica e describir a súa proposta de app. Tamén deben acreditar posuír os coñecementos básicos necesarios para desenvolvela. Cada participante pode presentar unha soa idea de App nunha das tres categorías dos premios: educativa, social e artística-experimental.

O xurado estudará todas as candidaturas e seleccionará os 50 mozos que van participar no concurso e que disporán de catro semanas para desenvolver a App.  De aquí elixiranse 9 gañadores.  Para elixir as 9 mellores App, o xurado valorará a súa creatividade, utilidade, social, innovación e deseño.  Os premiados poderán optar a bolsas en Tuenti e en Telefónica I+D, acceder á fase II do programa Think Big Mozos de Fundación Telefónica ou recibir axudas económicas de ata 1000 euros. As bases, o calendario do concurso e a descrición dos premios poden consultarse na web do concurso.

O lanzamento de Firefox OS, proxecto liderado por Telefónica I+D en España, marca un fito importante para a industria da telefonía móbil. Por primeira vez, os usuarios poden acceder a un smartphone baseado en estándares abertos.  Este concurso é unha aposta máis de Fundación Telefónica por abrir novos camiños profesionais, formando a mozos e impulsando as ideas innovadoras que contribúan a transformar a sociedade.

(Fonte: Innovaticias)