Premio de 25.000 euros en premios ás mellores startups do sector da enerxía sustentable

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

KIC InnoEnergy, motor de innovación no sector da enerxía en Europa, puxo en marcha o segundo KIC InnoEnergy Iberia Award, cuxo obxectivo é atopar as startups de enerxía sustentable con maior potencial e impacto social e ambiental en España e Portugal. Aqueles emprendedores e startups da Península Ibérica que consideren dar coa nova grande idea en enerxía sustentable poden presentar as súas propostas online ata o 18 de outubro.

"Este concurso apoia o noso obxectivo de atopar o futuro da innovación en enerxía sustentable na Península Ibérica", sinala Mikel Lasa, CEO de KIC InnoEnergy Iberia. "Iso permítenos achar ideas transformadoras que doutro modo quedarían sen descubrir, o que supón unha oportunidade absolutamente apaixonante ".

Tras a presentación online de ideas, terá lugar unha Gran Final no Smart City Expo World Congress de Barcelona o 18 de novembro. Expertos de Tecnoturbines e NOEM, dúas empresas actualmente inscritas no programa KIC InnoEnergy Highway® na Península Ibérica, participarán no evento como oradores. O xurado estará formado polos directores de KIC InnoEnergy Iberia.

Josep Miquel Torregrosa, Business Creation Officer de KIC InnoEnergy Iberia, explica: "A creación de startups de enerxía sustentable novas, innovadoras e viables na Península Ibérica é a clave para conseguir a sustentabilidade económica e ambiental. Coa redución dos subsidios ás renovables, necesítanse startups que acheguen novas solucións relacionadas con outros sectores como as cidades intelixentes, a eficiencia enerxética de edificios e a tecnoloxía limpa (Clean-tech). "

O gañador recibirá 18.000 € en metálico e un convite a formar parte de KIC InnoEnergy Highway®, un programa que transforma as ideas de negocio en realidade comercial. O gañador tamén recibirá o apoio de KIC InnoEnergy Highway® para permitir que desenvolva a súa idea utilizando coñecemento experto de toda Europa. Ademais, obterá difusión nunha rede de máis de 150 actores clave do campo da enerxía, entre os que figuran partners industriais, universidades e centros de investigación. O gañador tamén recibirá o apoio de KIC InnoEnergy para atopar o seu primeiro cliente.

(Fonte: Agencias)