Premian a Cabreiroá no VIII Congreso Mundial da Auga Envasada

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A auga Magma de Cabreiroá recibiu os premios internacionais 'Water Innovation Awards' 2011 á mellor auga e ao empaquetado máis innovador no VIII Congreso Mundial da Auga Envasada, celebrado na cidade brasileira de Río de Janeiro.

Este congreso, no que se presentan os últimos lanzamentos e as tendencias do sector en canto a novos formatos, premiou a calidade deste auga, que contén unhas finas burbullas que se forman ao filtrarse a auga co gas de combustión do magma subterráneo, e que se presenta nun envase de aluminio.

Magma tamén obtivo o ano pasado o premio ao mellor envase do Fórum Gastronómico de Xirona e a Medalla de Ouro da Calidade do Instituto de Seleccións de Calidade de Bruxelas.

(Fonte: EFE)