O Porto proba drons contra verteduras en Cíes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As augas da Ría de Vigo acolleron un exercicio de loita contra a contaminación mariña, organizado polo Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo, que contou con drons e barreiras para a contención dunha suposta vertedura. Para o simulacro empregouse aceite de peixe e puxéronse a proba diferentes sistemas para o seguimento da mancha, o uso de barreiras para a súa contención e a súa posterior recollida.

No exercicio, que tivo lugar entre o illote Boeiro e Cabo Vicos, nas Illas Cíes, participaron as embarcacións María Pita e Salvamar Mirach, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Vigo e un dron policóptero da Axencia Europea de Seguridade Marítima, operado pola empresa norueguesa Nordic Unmanned.

O uso de drones para o control de verteduras xa se empregou nalgunha outra ocasión en colaboración coa Xunta, obtendo grandes resultados, destaca a Autoridade Portuaria. Neste sentido, dentro da estratexia Blue Growth, o Porto vigués participa en dous proxectos da Axencia Aeroespacial Europea para o uso de satélites como complemento dos drones na detección de posibles verteduras na Ría, o que considera do máximo interese para dispor dun total control de calquera episodio de contaminación nas súas augas.

Fonte: Atlántico Diario