Por cada euro en I+D, España gasta catro en débeda

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Aínda que non se pode establecer correlación, extráense lecturas pesimistas achegando os datos de débeda e I+D. Por cada euro investido en investigación e desenvolvemento, o Estado gastará catro en pagar intereses polo stock de débeda pública emitido.

Nos presupostos xerais de 2011, mobilízanse en torno a 28.000 millóns de euros para cubrir o custo de emitir débeda. Diñeiro do contribuínte que se destina a paliar o exceso de gasto público. Pola contra, o presuposto do Ministerio de Ciencia e innovación para este ano é de 5401 millóns de euros, investimento que mingua polos custos burocráticos.

En 2010 destináronse en España 14.334 millóns de euros a investigación e desenvolvemento, apenas un 1,4% do PIB, e un 1,7% menos que en 2009. En torno ao 47% corresponde a investimento público. O 43% ás empresas e o resto, a institucións privadas sen ánimo de lucro. Os datos do INE reflicten unha caída o ano pasado fronte ao anterior do 0,8% no investimento público e dun 2,4% na privada.

Os expertos ven na aposta polo I+D unha solución para o eterno déficit de produtividade da economía española. "A oferta é competitivamente baixa", sinala Rafael Pampillón, economista do IE. "O gasto en I+D baixou en termos absolutos cando por exemplo noutros países como Alemaña está a crecer", agrega.

A investigación e o desenvolvemento, co resultado da innovación, son as chaves para un cambio de modelo produtivo. Como o que sempre promulgou o Goberno con Lei incluída pero sen recursos sobre a mesa. "Hai que transformar a oferta produtiva. Ao non poder desvalorizar temos que xerar bens e servizos máis competitivos", argúe Pampillón.

Diferencial con Europa

A realidade española dista da europea. Na UE gástase de media un 2% do PIB ao ano en I+D, seis décimas máis que en España. O Consello Europeo ten en marcha, dende o ano pasado, un plan para que se incremente o gasto ata o 3% en 2020, a través de reformas estruturais, vantaxes para a innovación empresarial, e melloras na educación.

Entre 2011 e 2013, as 250 principais empresas europeas aumentarán o seu gasto nun 5% anual, estima a Comisión Europea. Só en seis países dos 27 se inviste menos que España na investigación e desenvolvemento. Algúns, como os escandinavos, gastan máis do dobre.

(Fonte: Expansión)