Políticas de innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

  • O 93% das empresas españolas aumentará o seu presuposto en innovación nos próximos dous anos

    A innovación ocupa un lugar estratéxico nas empresas españolas, ata o punto de que o 93% destas ten pensado incrementar o presuposto destinado a esta área, segundo datos ofrecidos por Deloitte. Desta forma, España sitúase á cabeza da innovación, por enriba da media europea do 88%, ocupando o segundo posto no ranking de países con maior porcentaxe de compañías que aumentarán o investimento en innovación.

  • Galicia, punteira en innovación dos drons para o uso civil

    O Instituto Tecnolóxico, xunto coa empresa SDLE e a Axencia Galega de Innovación, colaboran no desenvolvemento dunha unidade pioneira con autonomía inédita de voo de 9 horas, ampliable con bases de recarga.

  • Aberta ata o 1 de febreiro a convocatoria para impulsar a creación de Hubs de innovación dixital en Galicia

    A Xunta de Galicia é a primeira administración española en lanzar unha convocatoria pública para impulsar a creación de Hubs de innovación dixital. Trátase dunha nova ferramenta contemplada na Iniciativa Europea de Dixitalización Industrial para lograr que a innovación dixital chegue ás empresas.

    Os Hubs permitirán aliñar, de xeito eficiente, o coñecemento coas necesidades do tecido empresarial e os mercados facilitando, á súa vez, que a industria e as pemes poidan incorporar e integrar na súa estratexia de negocio diferentes servizos de innovación e tecnoloxías.

  • APTE fomentará o coñecemento das tecnoloxías disruptivas entre os traballadores dos parques científicos e tecnolóxicos

    A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) porá en funcionamento proximamente unha plataforma de formación online mediante a que fomentará o coñecemento das tecnoloxías disruptivas no ámbito dos parques científicos e tecnolóxicos españois, é dicir, entre as súas 8000 empresas e 169.000 traballadores, coa finalidade de elevar a competitividade, profesionalidade e, en definitiva, o talento dixital destes profesionais.

  • Convócase a edición 2019 do Premio da Unión Europea ás Mulleres Innovadoras

    Xa está aberta a convocatoria ao Premio para Mulleres Innovadoras 2019, que recoñece os logros profesionais e a achega creativa das emprendedoras europeas. Trátase dun premio en efectivo que se outorga cada ano ás mulleres europeas que fundaron unha empresa exitosa e levaron unha innovación ao mercado.

    O premio outorgarase a un máximo de catro mulleres innovadoras en total, que tiveran o maior impacto no ecosistema de innovación ao transformar ideas en produtos e servizos novos e avanzados para o beneficio dos cidadáns europeos.

  • Natural Machines obtén 1,8 millóns de euros para facer chegar a súa impresora 3D de alimentos ás cociñas domésticas

    Natural Machines foi unha das empresas españolas seleccionadas na fase 2 do Sme Instrument para pequenas e medianas empresas do Programa Horizonte 2020 e recibirá 1,8 millóns da Comisión Europea. Para levar a cabo a súa proposta, a empresa contou co apoio do Parc de recerca UAB.

    A empresa desenvolveu FoodiniPro, a primeira impresora 3D de alimentos que pode imprimir e cociñar ingredientes frescos, tanto doces como salgados. O obxectivo de Natural Machines é converter este produto nun electrodoméstico imprescindible en toda cociña doméstica.

  • A aceleradora do sector aeronáutico impulsada pola Xunta de Galicia lanza en novembro a súa primeira convocatoria

    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, presentou a nova aceleradora do sector aeronáutico, un proxecto pioneiro en Galicia, que lanzará no mes de novembro a súa primeira convocatoria.

    Conde explicou que a posta en marcha da primeira aceleradora do sector aeronáutico, xunto co desenvolvemento na provincia de Lugo do polo aeroespacial de Rozas, evidencia que se trata dun sector que conta cun gran potencial de crecemento.

  • Os centros tecnolóxicos galegos, tractores da innovación

    Converter o coñecemento nun valor do mercado para que as industrias galegas sexan máis competitivas no panorama internacional. Ese é o obxectivo dos centros tecnolóxicos galegos, cuxo valor destacou a Xunta durante a celebración do I Encontro sobre excelencia tecnolóxica internacional, organizado por Atiga. Como exemplo de centros tecnolóxicos exemplos de éxito figura o coche autónomo que desenvolve o CTAG, os avances en robótica colaborativa de Aimen, os drons nos que traballa o ITG ou a investigación de biogás de EnergyLab.

  • Dúas de cada tres empresas investiron en recursos dixitais nos últimos dous anos

    Dúas de cada tres empresas afirman que investiu en recursos dixitais nos últimos dous anos. A porcentaxe sobe ata o 82% nas empresas de máis de 100 empregados. O sector que afirma facer maior esforzo de investimento é hostalería, cun 86% fronte ao 46% noutros como agricultura ou minería. Así se recolle no Estudo sobre o estado de dixitalización das empresas e Administracións Públicas españolas elaborado polo Observatorio Vodafone da Empresa.

  • Estrella Galicia elixe as startups gañadoras do seu programa The Hop

    Estrella Galicia desvelou cales son as seis startups gañadoras do seu programa de emprendemento colaborativo The Hop. Un certame no que participaron 420 emprendedores con 130 propostas de innovación nas áreas de comercialización, mercadotecnia, xestión, loxística, aprovisionamento e fabricación, entre outras.

Páxinas