Políticas de innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

  • O I+D da reciclaxe con selo "made in Spain"

    Avanzar cara a un futuro sustentable só é posible se a mirada dos que van estar á fronte, liderando empresas e proxectos é capaz de conxugar innovación e protección ambiental. Por sorte, cada día son máis as startups que utilizan a tecnoloxía en pro da reciclaxe e achegan solucións aos retos aos que se enfronta o planeta.

  • Acciona, REE e Alén Space, premios Cinco Días á Innovación

    Xa son 12 anos celebrando a festa da innovación e recoñecendo as empresas e proxectos máis punteiros. O decano da prensa económica en España xa ten gañadores dos Premios Cinco Días á Innovación Empresarial, unha cita que, co patrocinio de Repsol e de CaixaBank, chega á súa 12ª edición e recibe cada exercicio case un centenar de candidaturas. Nesta ocasión, presentáronse máis de 90 proxectos nas súas tres categorías, dos que foron seleccionados Acciona, Rede Eléctrica Española (REE) e Alén Space. Os premios entregaranse o próximo mércores 26 de xuño no CaixaForum de Madrid.

  • Convocada unha nova edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía de Galicia

    A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, abre ata o 31 de maio o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2019. Co obxectivo de facer o proceso de presentación de proxectos máis doada, simplificáronse as bases e reduciuse o tamaño máximo das memorias. Como nos anos anteriores, a tramitación das candidaturas faise telematicamente.

  • Business Factory Food abre a súa primeira convocatoria para novas empresas

    O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) presentou a Business Factory Food, a primeira aceleradora do sector alimentario de Galicia. Promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), XesGalicia e a Axencia Galega de Innovación (Gain), BFFood nace para impulsar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, afianzar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

  • O 50% do investimento global en I+D concéntrase en só 87 empresas

    A metade do investimento en investigación e desenvolvemento a nivel mundial concéntrase en tan só 87 compañías, con 1726 millóns de euros, segundo un informe elaborado pola consultora Oliver Wyman.

    En total, durante 2016 investíronse 740.000 millóns de euros en I+D, o que supón un incremento do 5,8% con respecto ao ano anterior. Por áreas xeográficas, América acumulou 297.000 millóns de euros de investimento (+7,2%), mentres que en Europa se situou en 222.000 millóns de euros (+7%) e en Asia avanzou un 4,1%, ata os 219.000 millóns de euros.

  • Os materiais que son illantes e condutores á vez, premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento

    Os físicos estadounidenses Charles Kane e Eugene Mele descubriron os illantes topolóxicos, "unha nova clase de materiais con propiedades extraordinarias". Estaban aí, na natureza, pero ata que Chales Kane e Eugene Mele os descubriron a ninguén se lle ocorrera poñerse a buscalos.

    Estes dous físicos estadounidenses son os "pais" dos illantes topolóxicos, unha nova clase de materiais con propiedades electrónicas extraordinarias. Tanto, que se comportan como condutores na súa superficie, pero como illantes no seu interior.

  • O Banco Europeo de Investimentos concede a España 1200 millóns de euros para financiar a I+D+i ata 2020

    España recibiu o empréstito de maior contía facilitado ata agora polo Banco Europeo de Investimentos (BEI) para apoiar a I+D+i: 1200 millóns de euros, que se destinarán a financiar as actividades que desenvolven os centros e institucións de investigación públicas en España ata o ano 2020.

    O empréstito permitirá apoiar investimentos en diferentes áreas científicas e tecnolóxicas, especialmente as máis ligadas á industria española, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de patentes e de novas liñas de investigación.

  • Os parques científicos e tecnolóxicos ultiman en Transfire a súa grande aposta polo blockchain

    O grande encontro español sobre I+D+i concluíu a semana pasada a súa oitava edición cun balance máis que positivo para a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), que acudiu acompañada de 27 parques procedentes de 12 comunidades autónomas, entre os que se atopaba Tecnópole.

  • As empresas sanitarias piden reducir as barreiras de acceso á innovación médica

    A innovación é un dos factores clave para o progreso do sistema sanitario español, se ben, as grandes multinacionais do sector advirten de que as trabas fiscais e a inseguridade xurídica que rodean este negocio danan a competitividade do noso país e poñen en risco a rendibilidade do sistema actual. Esta é unha das principais conclusións do I Foro de Sanidade organizado por elEconomista e patrocinado por GSK e HLA Grupo Hospitalario, pertencente ao Grupo Asisa.

  • Nace a primeira aceleradora do sector aeronáutico e vehículos non tripulados, BFAero

    O Consorcio Aeronáutico Galego presentou en Vigo a Business Factory Aero, a primeira aceleradora do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de Galicia, BFAero; unha iniciativa que promove en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, Indra, CTAG e Fundación CEL.

Páxinas