Pisadas luminosas e xeradoras de enerxía 40 veces máis eficiente que solar

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Unha tecnoloxía a partir dunhas novidosas baldosas deseñadas con materiais reciclables, presentada en Madrid, converte a enerxía cinética das pisadas en enerxía renovable, cunha eficiencia corenta veces superior á solar.
 
Este proxecto Pavegen foi o preferido polos cidadáns de varios países, entre eles en España, no marco da iniciativa 'Keep Walking', impulsada por Johnnie Walker para inspirar o público a contribuír ao futuro das comunidades mediante iniciativas pioneiras.
 
Segundo os seus responsables, estas baldosas serían ideais para iluminar o pavimento en torno a monumentos como a Cibeles ou outros edificios emblemáticos moi visitados polos turistas e polo tanto con moitas pisadas.
 
O 5% da enerxía xerada con esta tecnoloxía ilumina a propia baldosa mentres que o 95% restante se almacena en baterías de moi pouco tamaño, como pilas tradicionais, e serve para iluminar os farois adxacentes, explicou o enxeñeiro responsable do proxecto, o británico Laurence Kemball.
 
Segundo os seus cálculos, se unha destas baldosas recollese a enerxía de todos os pasos do mundo nun só día, podería xerar electricidade abonda para dar luz a 25.000 fogares un ano.
 
De feito, a instalación de baldosas exposta en Madrid funcionou coa enerxía acumulada das recentes pisadas de centos de persoas en Bulgaria, onde se presentou esta tecnoloxía con anterioridade a España.
 
Kemball explicou que estas baldosas son resistentes ao paso de vehículos pesados e a fenómenos meteorolóxicos adversos, como a neve ou a chuvia, e "sen esvaróns".
 
En canto á súa aplicación comercial estase pendente de acordos con empresas e administracións públicas, engadiu.
 
As baldosas están dotadas dunha luminaria central que é o que brilla coas pisadas e contan cun revestimento superior de goma cen por cento reciclada, que as fai adaptables a todo tipo de chans.
 
A instalación exposta en Madrid, cunha mostra de doce destas baldosas, permanecerá aberta ao público ata o 29 de marzo en España, no edificio de Telefónica da rúa Gran Vía 28, de modo que calquera que se achegue poida saltar e iluminar así o chan coas súas pisadas.
 
(Fonte: EFE)