Os pilotos de drons realizan unha demostración no Monte Xiabre

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A práctica ten un peso determinante nos cursos que organiza a Mancomunidade do Salnés incluídos no Plan Integral de Emprego, e o de manexo de drons non é unha excepción: o 50% da súa duración está destinado a este capítulo, no que se enmarca unha actividade realizada no Monte Xiabre, en Vilagarcía.

A experiencia consistiu nunha demostración de facer voar un dron sobre as pas dun muíño do parque eólico, para verificar o seu estado e o do resto da estrutura que a sostén, a 86 metros de altura, ademais de comprobar que a temperatura do motor se mantén nos límites establecidos, labor que realizou mediante un dispositivo térmico.

Aínda que este curso é impartido habitualmente nos meses de maio e xuño, debido á paralización de accións presenciais por motivo do confinamento, foi necesario cambiar as datas. Impártese na Telleira, en Vilalonga (Sanxenxo) onde os doce alumnos reciben clases teóricas e parte das prácticas. Dúas empresas, Aeromar e Galvento, participan nesta actividade.

Ramón Guinarte, xerente da Mancomunidade do Salnés, indicou que a formación que reciben permítelles aprobar o exame de Aena, que convalida a súa titulación. No apartado de drons, a experiencia formativa que promove a institución comarcal inclúe outras accións, como a levada a cabo no capítulo mariño, destinado a realizar labores de vixilancia en parques de cultivo, o que formou aos encargados de participar no dispositivo de salvamento despregado nas praias de Sanxenxo ou na eliminación da avespa velutina.

Fonte: Diario de Pontevedra