PictoDroid, aplicación innovadora de tecnoloxía galega que mellora a comunicación das persoas con discapacidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, xunto con pedagogos do centro de educación especial Manuel López Navalón de Santiago, están a levar a cabo un proxecto de I+D+i para crear aplicacións para persoas que sofren algunha discapacidade, destinadas a facilitar as súas capacidades comunicativas a través do uso da telefonía móbil.
 
A primeira delas denomínase PictoDroid Lite, deseñada para dispositivos Android, que permite aos usuarios comunicarse a través da utilización de pictogramas, signos que representan esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura. Ademais, todos os "pictos" poden ser modificados ou eliminados, e é posible engadir os que sexan necesarios. A limitación desta versión "lite" é que unicamente permite expresar accións moi concretas, pero non pode crear oracións complexas.
 
PictoDroid Lite está dispoñible no Android Market e pódese descargar directamente da páxina de Accegal (o proxecto no que se enmarca a iniciativa), na que tamén está o manual e diversos vídeos titoriais que explican o seu funcionamento.
 
Dende o proxecto Accegal, continúan traballando conxuntamente con outros centros, asociacións e particulares (de modo desinteresado e sen ánimo de lucro) para que as aplicacións sexan gratuítas e funcionen en dispositivos de baixo custo, de modo que sexan accesibles para calquera usuario.
 
Máis aplicacións
 
Entre outros produtos que están comezando a desenvolver, atópase unha aplicación Android para permitir a persoas con discapacidades auditivas o visionado de subtítulos en cines. Tamén están a avanzar no deseño e desenvolvemento doutra aplicación Android para a modificación de conduta mediante alarmas, que permita recordar ás persoas determinados eventos e accións.
 
(Fonte: Innovamás)