PharmaMar anuncia que o seu tratamento contra o coronavirus pode probarse xa en pacientes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A farmacéutica española PharmaMar anunciou que os resultados dos estudos in vitro do fármaco Aplidin (plitidepsina) no coronavirus humano HCoV-229E, que se comporta de forma moi similar ao Covid-19, resultaron ser positivos cunha potencia da orde nanomolar.
 

Aplidin é un medicamento para o cancro hematolóxico que xa está aprobado en Australia e en fase de aprobación en Taiwán, Nova Zelandia e Corea do Sur. Estes estudos leváronse a cabo no Centro Nacional de Biotecnología do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) polo doutor Luis Enjuanes, a doutora Isabel Solá e a doutora Sonia Zúñiga. 

Os resultados confirman a hipótese de que a diana terapéutica do fármaco antitumoral Aplidin (plitidepsina), que é o EF1A, é tamén clave para a multiplicación e propagación do virus. O Covid-19 necesita a proteína EF1A, presente no corpo humano, para que a nucleoproteína N do virus se faga visible e consiga reproducirse e propagarse polas células. Aplidin secuestraría o virus, formando un complexo estable que faga que o virus non sexa viable. 

Con estes datos, PharmaMar contactará coas autoridades regulatorias para analizar as posibilidades de comezar os estudos en pacientes infectados co Covid-19. 

Fonte: ABC