Pfizer e Moderna usan un software ‘made in Galicia’

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Mestrelab, unha pequena empresa fundada en Santiago en 2004, sitúase hoxe como o segundo maior provedor do mundo en software especializado para investigación química, con clientes como Pfizer ou Moderna. “É como o Microsoft Office do laboratorio analítico”, afirma o seu CEO, Santiago Domínguez.

Aínda que poida soar descoñecida, é líder mundial nun software que permite analizar espectros de Resonancia Magnética Nuclear (RMN), unha técnica moi común nos equipos de I+D de todo o sector biotecnolóxico. Segundo o CEO e cofundador da empresa, o que fai o seu software, alcumado Mnova, é “procesar e interpretar datos que saen de instrumentos de laboratorio”, axudando aos científicos a responder a preguntas relacionadas coa identificación, cuantificación e concentración de diferentes compostos químicos. “Somos como o Office porque podemos interpretar todos os datos independentemente da técnica ou do fabricante”, explica.

Entre a súa carteira de clientes, atópanse empresas populares na actualidade polo desenvolvemento de diferentes vacinas contra a COVID-19, como Pfizer, BioNTech, AstraZeneca ou Moderna; pero tamén outras importantes compañías do sector farmacéutico como Novartis ou GSK; do biotech como Amgen ou Gilead (desenvolvedor do Remdesivir); ou da industria química, como Dow Chemical ou Basf. “A ferramenta está xa moi recoñecida e estendida, por mor da adopción de todos os líderes nos distintos mercados”, afirma o CEO de Mestrelab, que apunta a que o 97 % da facturación corresponde a “exportación”.

Mestrelab conta cun valor diferencial, pois nos últimos anos centrou os seus traballos en procesos relacionados coa automatización e a intelixencia artificial (IA). ?”emos moitísimo futuro no BigData, na IA para a análise de grandes datos para a toma de decisións automáticas”, explica Domínguez, que considera que o “gran desafío” do sector pasa por “eliminar os pescozos de botella” que fan que o proceso de I+D sexa “tan longo”.

Fonte: El Correo Gallego