Perfilada a incubadora para o sector forestal no CIS Madeira

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O espazo coworking Go2Work, situado no CIS Madeira do Parque Tecnolóxico durante os próximos cinco meses, acollerá proxectos de emprendemento novidosos e viables vinculados ao sector forestal, segundo se puxo de manifesto na xornada que tivo lugar na CEO, organizada pola Escola de Organización Empresarial, a Xunta e o Igape, co respaldo da Confederación Empresarial de Ourense.

A presentación correu a cargo de José Manuel Díaz Barreiro, vicepresidente da CEO, quen destacou a importancia do sector forestal e madeireiro para Galicia, xa que a metade da madeira que se talla en España sae dos montes galegos, e factura case 2000 millóns de euros anuais, dando traballo a 20.000 persoas de forma directa e outras 50.000 de forma indirecta, cunha achega do 3,5% ao PIB galego.

A iniciativa achegará respaldo e apoio de todo tipo -os gastos de auga, luz, limpeza, aluguer, ademais de mentorización, acompañamento e formación necesaria para dar impulso aos proxectos- de forma que os interesados poidan "dedicar tempo e enerxía a solucionar aspectos do día a día relacionados co lugar de traballo", dentro dun "clima social moi favorable ao emprendemento".

(Fonte: La Región)