As pequenas empresas camiñan cara á dixitalización

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A pandemia deixou patente a importancia de apostar pola innovación e camiñar da man da dixitalización. E é unha máxima que deben aplicarse todos os axentes do mercado que teñan como vocación sobrevivir e seguir sendo competitivos. Non é cousa só dos máis grandes. As pequenas e medianas empresas tamén deben asumir a dixitalización como parte primordial do seu ADN. Demostrárono as restricións que trouxo consigo o coronavirus.

Pero innovar require de moito esforzo. Non só económico, tamén é necesario saber por onde empezar e como ir facendo o camiño. Por iso, a Xunta de Galicia leva xa un tempo apostando pola posta en marcha de axudas á dixitalización. O paquete, posto en marcha pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación, conta con dúas liñas. A primeira está destinada á dixitalización comercial e suma máis de 2100 actuacións, entre as que destacan a implantación dun xestor de redes sociais, a creación de páxinas web con venda en liña, a realización de publicidade en medios dixitais ou a mellora da imaxe dixital. Por outro lado, a Administración galega concedeu apoios para a mercadotecnia 4.0, loxística dixital ou a participación en feiras dixitais.

Pola súa parte, a segunda liña de axudas está destinada á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesá como maquinaria e ferramentas que melloren o deseño e a calidade do produto final.

Fonte: La Voz de Galicia