As pemes situadas nos parques tecnolóxicos facturan un 40% máis

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
As pemes que se atopan situadas en parques tecnolóxicos facturan e innovan máis que as situadas noutros lugares. En concreto, as pequenas e medianas empresas de entre 20 e 40 empregados que se atopan nun parque deste tipo aumentan un 40% a súa facturación con respecto a compañías similares radicadas noutros lugares. Ademais, as posibilidades de que estas firmas sexan innovadoras increméntanse ata nun 25%.
 
Así o poñen de manifesto os primeiros datos dun estudo que está liderando Aurelia Modrego, profesora de Economía e investigadora da Universidade Carlos III de Madrid, que lle permitiron estimar que a propensión a que as empresas introduzan produtos novos no mercado é maior se se atopan situadas nos parques.
 
Segundo ela, trátase do denominado efecto parque. Os responsables dalgunhas pemes consultadas destacan que estar situadas en parques científicos e tecnolóxicos lles axuda, fundamentalmente, a contar con máis recursos físicos e humanos para a investigación, así como a desenvolver e crear novos produtos.
 
Ademais, mellora a súa imaxe entre os clientes e a administración, e facilita a consecución de subvencións. Por se fose pouco, sinalan que en moitas ocasións o parque actúa como unha especie de xestor xeral, que proporciona axudas, cursos de formación, determinados estudos de mercado e acceso directo ás administracións.
 
Sinerxías e coñecemento
 
En declaracións á revista da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), Modrego explica que entre os factores que potencian a innovación nas pemes hai unha regra que se cumpre inexorablemente: "A capacidade de xerar coñecemento e novas ideas, e de aproveitar as que xa existen, é un requisito imprescindible para que as empresas sexan competitivas".
 
No traballo analizouse o efecto dos parques sobre as vendas derivadas da introdución de novos produtos, así como en que medida os parques fomentan as relacións de cooperación entre empresas, universidades e centros de investigación públicos e privados.
 
Dende Madrid Network, unha rede que conta con cinco parques, afirman que estes se configuran como un espazo onde se establece o punto de encontro entre o coñecemento científico-tecnolóxico e empresarial e se deseñan canles de apoio á internacionalización.
 
"As empresas integradas neles teñen á súa disposición unha inmellorable dotación de servizos, que abranguen dende todo tipo de elementos de apoio (seguridade, mantemento...), ata outros máis avanzados e de valor engadido como impulso á investigación, desenvolvemento e innovación, incubación de novas empresas de base tecnolóxica e cooperación".
 
A IX Conferencia Internacional de Apte, celebrada en abril, puxo de manifesto que os parques españois pecharon o último ano cun aumento do emprego do 7% e cun crecemento do investimento en actividades de I+D do 26%. Apte conta actualmente con 80 membros.
 
A finais de 2010, o número de empresas e institucións instaladas nos seus parques científicos e tecnolóxicos era de 5539, o que supón un incremento sobre o ano anterior do 8,3%. O sector que aglutina máis empresas é o das TIC, cun 23%, seguido por enxeñería, consultoría e asesoría, co 16%. Iso si, a crise tamén chegou aos parques e a facturación das súas empresas o pasado ano descendeu un 0,3% en relación a 2009, co que se situou en 21.475 millóns de euros.
 
Reforzo anticrise
 
Entre os centros que mellor afrontaron a recesión económica atópanse os englobados na rede de parques tecnolóxicos do País Vasco. Segundo o seu presidente, Francisco Berjón, as empresas instaladas alí "non só afrontaron a crise, senón que saíron reforzadas, crearon máis emprego e facturaron máis que en 2009, en termos absolutos".
 
Mentres, segundo compara Berjón, "as compañías do ámbito, instaladas fóra do parque, tiveron resultados peores" no exercicio pasado".
 
(Fonte: El Economista)