As pemes e entidades galegas do sector das renovables informaranse en Ferrol sobre o tema Enerxía do Sétimo Programa Marco

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Representantes de pemes e entidades galegas do sector das enerxías renovables están convocados á xornada organizada no marco do proxecto europeo ER-INNOVA, do que Tecnópole é xefe de fila, sobre as próximas convocatorias do tema Enerxía e dos Programas Regions of Knowledge e Research Potential do Sétimo Programa Marco (FP7).
 
A xornada celebrarase en Ferrol o próximo 28 de xuño en horario de mañá e estará organizada pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, a través da súa Oficina de Proxectos Internacionais de I+D+i (OPIDi).
 
O evento contará coa participación de Javier García Montañés, do CDTI, que exporá as oportunidades de financiamento nas próximas convocatorias do tema Enerxía do FP7. A continuación, Macarena Muñoz, Punto Nacional de Contacto dos Programas Regions of Knowledge e Research Potential do FP7, presentará os programas de traballo 2012 e 2013 e as convocatorias correspondentes.
 
Ademais, presentaranse os resultados obtidos no proxecto ER-INNOVA e dous casos de éxito de entidades galegas en proxectos do FP7. Na sesión de casos de éxito, intervirán Michael Vetter, de T-Solar, que compartirá a súa experiencia como coordinador do proxecto HELATHIS (Energy - FP7), e Lorenzo Pastrana e Xosé Ramón Vázquez, da Universidade de Vigo e ANFACO respectivamente, que darán o seu punto de vista como socios do proxecto AFRESH (RoK -FP7).
 
Unha vez finalizadas as presentacións, poderanse revisar propostas de proxectos cos expertos. As entidades interesadas terán que enviar un resumo desta  antes do 20 de xuño.
 
O programa da xornada, o boletín de inscrición (data límite 24 de xuño) e o formulario para propostas de proxectos están accesibles aquí.
 
(Fonte: ER-INNOVA)