A patronal Asebio leva ata Latinoamérica o seu encontro BioSpain

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
España vai exportar biotecnoloxía. Non en produtos, pero si un formato de cita entre compañías e investidores. A patronal Asebio (Asociación de Española de Bioempresas) vai reproducir a feira empresarial BioSpain para toda Latinoamérica, co nome de BioLatam, reservándose os dereitos de propiedade e exercendo de entidade organizadora.

O lugar elixido é Bogotá. Non é casual que Colombia exerza de país anfitrión, debido á decidida aposta que realizou o Goberno de Juan Manuel Santos por desenvolver un sector privado innovador. Para iso, conta como asesora coa exministra socialista Cristina Garmendia, que ocupou o departamento de Ciencia entre 2008 e 2012 e que previamente fora presidente da patronal Asebio, como cofundadora da empresa Genetrix.

BioLatam 2013 desenvolverase o 9 e 10 de decembro. A idea da patronal é reunir a todas as empresas de biotecnoloxía de Latinoamérica, ás que se sumarían tamén as firmas españolas cunhas condicións de inscrición máis favorables, debido a que os ingresos que reporte a feira a Asebio reinvestiríase na participación dos seus socios.

A semellanza de BioSpain

O encontro BioSpain celébrase cada dous anos e xa chegou á súa sexta edición, a de 2012, que se convocou en Bilbao. Nesa cita inscribíronse 1850 delegados de 25 países, 762 compañías, houbo 2775 citas one-to-one entre empresas e investidores, acudiron 30 investidores internacionais e ¦217 exhibidores.

Para as empresas españolas, a oportunidade chegará, segundo os organizadores, para facer ponte entre Latinoamérica e Europa, en acordos de comercialización de produtos ou investimentos conxuntos en sectores como o desenvolvemento de fármacos, terapias celulares, biocombustibles, medicina xenómica, equipamento médico ou biotecnoloxía sanitaria.

A cita está patrocinada por entidades colombianas, como Invest in Bogotá, o Ministerio de Comercio, a Cámara de Comercio local e Innpulsa Colombia, ademais de españolas como o Icex e España, Technology for Life.

(Fonte: Cinco Días)