Patricia Alonso, directora de Akunatura: “Realizamos probas de PCR con resultados no mesmo día”

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Akunatura é unha empresa experta nas necesidades analíticas tanto de empresas privadas como públicas que comezou a súa andaina en 2007. O seu prestixio non deixou de medrar grazas á variada gama de servizos relacionados coa saúde. Conta cun laboratorio de análise clínica onde se realizan análises de sangue, ouriños, cultivos, análises microbiolóxicas… Traballan con aseguradoras e clínicas de toda Galicia.

Recentemente, o Parque Tecnolóxico de Galicia e o laboratorio Akunatura de Ourense asinaron un convenio de colaboración co que ofertan a todas as empresas e entidades instaladas no Parque e aos seus traballadores un servizo de análise e detección precoz de posibles casos positivos de Covid-19. Búscase así mellorar a seguridade e saúde dos traballadores, atallar a propagación da infección, ademais de minimizar no posible as consecuencias que poidan afectar á produción ou normal funcionamento das empresas, debido á acumulación de baixas laborais nun curto período de tempo que minguan a súa capacidade de resposta.

A extracción das mostras realízase nas mesmas dependencias da empresa afectada, de maneira que os traballadores non teñan que desprazarse. Tamén se poden levar a cabo nas instalacións do laboratorio Akunatura, situadas no local 20 do Edificio Tecnópole I. A toma das mostras faise mediante cita previa, para garantir a seguridade dos usuarios.

Centro de extracción

As probas de PCR están abertas á poboación en xeral (non só aos traballadores da Tecnópole) co detalle destacado de que ofrecen resultados no mesmo día. “Contamos cun centro de extracción e enfermeira”, comenta Patricia Alonso, directora de Akunatura. Máis de trescentos cincuenta metros cadrados é o espazo de traballo que ofrece Akunatura no Parque Tecnolóxico de Galicia, nos que dispoñen de equipos de absorción atómica, cromatógrafo de gases masas ou termocicladores para a realización de PCR, entre outros.

Akunatura fai análises de todo todo tipo de augas de consumo e residuais. Examinan todos os parámetros físico-químicos e microbiolóxicos, todo conforme á lexislación. Patricia Alonso sinala que “tamén colaboramos coa industria alimentaria realizando os controis que necesitan. Así mesmo, atendemos a particulares que precisan saber o estado dos seus produtos agrícolas”.

Fonte: La Región