Paneis solares que xeran ata 5 litros de auga potable ao día co vapor do aire

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Zero Mass Water, unha startup estadounidense que colaborou con investigadores da Universidade de Arizona, creou Source, un panel solar que é capaz de xerar ata cinco litros ao día de auga apta para consumo humano extraéndoa da humidade do aire.

Mediante o seu funcionamento, Source obtén auga pura, dunha composición moi próxima á auga destilada. O líquido despois é almacenado nun depósito interno de 30 litros e logo engádenselle calcio e magnesio para facilitar a súa conservación e o seu consumo posterior.

O aparello está formado por un panel solar de 1,2 por 2,4 metros situado sobre unha base de metal. A placa recolle enerxía solar que despois é utilizada para extraer auga líquida do vapor da atmosfera. A produción diaria atópase entre dúas e cinco litros, en función das condicións climáticas e do sol e a humidade.

Nos casos nos que non loce o sol e o panel non recolle enerxía solar, Source dispón tamén dunha batería de ión de litio que permite que o panel siga recollendo auga. En calquera dos casos, Source funciona de maneira independente.

Source ten como obxectivo asegurar aos seus usuarios cal é a procedencia da auga que se consome, evitando as canalizacións antigas e a xeración de residuos plásticos da auga embotellada. A pesar de que se recolle da atmosfera, a auga resultante está libre dos gases contaminantes presentes no aire, segundo a compañía.

Os paneis Source poden adquirirse desde a páxina web de Zero Mass Water, por un custo de 2.900 dólares polo primeiro panel e de 2.800 por cada panel adicional. O prezo da instalación ascende ata os 500 dólares, e incluíndo o envío o custo mínimo é de 3.690 dólares.

(Fonte: EP)