Os servizos de cloud computing baseados en códigos abertos non despegan

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Entre as principais causas destacan a falta de apoio e a seguridade. Con todo, entre os servizos destaca OpenStack como o máis popular, con 50% de cota de mercado.

Moito se esperaba dos servizos de cloud computing baixo código aberto. Pero, nestes días que dá a impresión que o único que se esvaece son os soños, as expectativas lonxe estiveron de confirmarse. Así o asegura un estudo de Zenoss entre 600 membros da súa comunidade de código aberto, que asegura que a adopción destas tecnoloxías é moito menor ao que se esperaba.

Os resultados están aí, á vista: só 18% dos enquisados confirmou que utiliza sistemas na nube baseados en código aberto. ¿Por que tan mal resultado? Zenoss destaca que os enquisados responderon que se debe á falta de apoio e dúbidas sobre a seguridade. Así as cousas, tamén hai unha boa noticia. O estudo revela que un 43% dos enquisados asegurou estar a pensar en implementar unha nube de código aberto no futuro que, en caso de confirmarse, melloraría notablemente a súa implantación no mercado.

En canto ao negocio propiamente dito, Zenoss destaca que OpenStack é a plataforma máis popular, cun market share que alcanza os 50 puntos porcentuais. Moi lonxe de Citrix, da Fundación Apache, con 19% de mercado. Eucalyptus, a terceira o ranking, a penas roza o 10%.

(Fonte: media-tics)