Os Premios Emprendedores da Fundación Everis buscan proxectos ganadores nos sectores TIC, biotecnoloxía e industria e enerxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

A Fundación Everis presenta a súa XIV Edición dos Premios Emprendedores, abrindo o prazo de inscrición para aqueles proxectos innovadores e con talento que queiran optar ao gran premio de 60.000 euros.

Tanto o ganador como os outros cinco finalistas, recibirán un servizo de asesoramento valorado en 10.000 euros. Os aspirantes ao galardón deberán rexistrarse 'online' antes do próximo 31 de marzo en www.premioseveris.es, segundo indica a institución.

A Fundación Everis seguirá uns criterios similares aos que se usan en Silicon Valley, para fomentar o espírito emprendedor e o de superación entre os mellores emprendedores. Deste modo, clasificaranse os proxectos en tres categorías: tecnoloxías da información e economía dixital, biotecnoloxía e saúde, e tecnoloxías no ámbito da industria e a enerxía.

Tras un estudo de todas as candidaturas, nas que se valorará o nivel de innovación, o modelo de negocio e a solución proposta por cada proxecto, o xurado elixirá os seis mellores proxectos de cada unha das tres categorías.

Posteriormente, convocará dous eventos de avaliación en abril e en maio. Neles, cada emprendedor seleccionado presentará o seu proxecto aos demais participantes e a un xurado formado por directivos de everis con experiencia na creación de empresas.

Os expertos daranlles a súa opinión sobre o proxecto e mostraranlles as áreas de mellora nas que deben incidir, para que as súas ideas sexan aínda máis competitivas e eficientes. Este proceso está valorado en 10.000 euros para cada un dos seis participantes.

Tras este proceso de "mentorización" baseado no modelo de incubadora de negocios que se usa en Silicon Valley, o xurado seleccionará un finalista e un posible accésit, en caso de que haxa un proxecto merecedor de tal mención.

(Fonte: Everis)