Os ordenadores terán os sentidos humanos en cinco anos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Os ordenadores de hoxe en día permiten realizar moitas cousas, dende examinar o clima nun país remoto en cuestión de segundos ata comprar o café da mañá. Pero IBM atrévese a predicir que pronto estas máquinas serán capaces de ulir, probar, ver, tocar e oír.

Este cambio será posible nuns cinco anos segundo informa Mashable. IBM publicou a súa lista 5 in 5 (Cinco en cinco, onde o fabricante de hardware, predí as cinco tendencias en computación que chegarán en cinco anos). Nesta ocasión cinco científicos atrévense a sinalar que un ordenador non só mostrará imaxes senón que as entenderán e ata sexan capaces de ulir unha boa cunca de café.

Os cinco sentidos forman parte do que chaman 'Computación cognitiva' que implica que estas máquinas posúan comportamentos máis humanos. Nunha entrevista co portal especializado en tecnoloxía, Mashable, o vicepresidente de innovación de IBM sinalou que se trata dunha nova concepción da computación.

"Tes que cambiar a forma en que pensas acerca da absorción de data. Xa non podes só tomar unha foto e almacenala. Tes agora que tratar ese fotografía como unha entidade dun nivel moi alto, algo moi oposto a velo como un montón de datos ou bits", sinalou Bernie Meyerson.

O directivo apunta que esta cognición non é igual a intelixencia. Non se trata dunha máquina como as de Matrix que sometían ás persoas. Meyerson sinalou que aínda existe un abismo enorme entre computación cognitiva e a intelixencia artificial. "Isto é realmente unha tecnoloxía de asistencia. A máquina non vai pola súa conta. Non está deseñado para facer iso. Para o que está deseñado en realidade é para responder ao ser humano de forma asistencial".

Por exemplo, para Hendrik F. Hamann, director de investigación de IBM no campo da física, sinala que nuns anos os ordenadores, grazas á súa detección de ulir poderá advertir dun arrefriado antes que o usuario teña síntomas.

"Con cada exhalación, ti liberas millóns de diferentes moléculas. Algunhas desas son biomarcadores, que poden levar gran cantidade de datos sobre o estado físico da persoa en cada momento. Ao capturar a información que contén, a tecnoloxía pode recoller pistas sobre a saúde e proporcionar información diagnóstica moi valiosa", publicou Hamann no seu blog.

(Fonte: ABC)