Os ingresos da industria tecnolóxica española caeron un 5% en 2011

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A facturación do sector tecnolóxico en España ascendeu a 85.073 millóns de euros, un 5% menos que en 2010, segundo os datos presentados pola patronal do sector Ametic.

Todos os segmentos de negocio caeron durante o pasado ano. A electrónica de consumo e os compoñentes electrónicos foron os segmentos máis afectados cun descenso do 23% e do 16% respectivamente.

De acordo cos datos da patronal os servizos de telecomunicación, a principal industria en termos de volume de negocio, baixaron un 3% ata 40.185 millóns de euros. Un 43% correspondeu aos servizos móbiles e un 32% aos servizos portadores e fixos. O segmento das tecnoloxías da información descendeu un 3% ata 16.089 millóns.

O emprego directo da industria tecnolóxica española caeu un 1% a 386.000 persoas, mentres que a produción baixou un 2%, en ambos os dous casos, cun descenso menor ao sufrido pola facturación do sector. Neste sentido, Jesús Banegas, presidente de Ametic, indicou que a industria está a resistir ben a crise, sinalando que o feito de que o emprego caia só un 1% "é un luxo coa que está a caer".

A patronal indicou tamén que o gasto en investigación e desenvolvemento (I+D) do sector tecnolóxico foi de 2332 millóns de euros, un 2% menos que en 2010, mentres que o gasto en innovación baixou nun 13% ata 8047 millóns.

Á súa vez, as exportacións non creceron e as importacións baixaron un 11%, evolución que, segundo Ametic, contribuíu a mellorar a balanza de pagamentos.

(Fonte: Cinco Días)