Os expertos recomendan ás empresas aproveitar as deducións fiscais de I+D+I para mellorar a súa conta de resultados

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Preto de medio centenar de profesionais asistiron ao taller sobre deducións fiscais para actividades de I+D+i, organizado polo Centro de Excelencia de Vigo. Baixo o título "Unha visión práctica das deducións fiscais por actividades de I+D+i", os asistentes a esta xornada puideron coñecer en profundidade as particularidades dunha das mellores alternativas dispoñibles neste momento para o financiamento de proxectos de innovación.

A pesar do atractivo do incentivo, a súa complexidade e o medo a unha posible inspección fan que moitas empresas non utilicen estes incentivos ou non aproveiten todo o seu potencial.

Pedro Conde, inspector de Facenda Pública, e Javier López-Guerra, delegado en Galicia de European Quality Assurance, foron os encargados de dar a coñecer a normativa vixente nesta materia, analizar as vantaxes que achegan ás empresas e explicar os procedementos a seguir para optar a estas deducións, que poden chegar a alcanzar o 42% dos gastos.

Estas deducións considéranse unha das poucas oportunidades que teñen as compañías de mellorar as súas contas de resultados e de apostar pola súa competitividade investindo en innovación. Ambos os dous relatores coincidiron en afirmar que o máis importante é ter claro que proxectos poden ser considerados I+D+i e Innovación Tecnolóxica e contar cun Informe motivado vinculante do Ministerio de Economía e Competitividade para a Administración Tributaria que cualifique as actividades de I+D+i e os seus gastos asociados para superar a incerteza e inseguridade. Así mesmo, destacaron o valor de obter unha certificación, a través dunha entidade acreditada por ENAC (Entidade Nacional de Acreditación).

Durante as presentacións, analizáronse tamén as novidades que presenta a Lei 14/2013, do 27 de setembro, na que se establece a opción de aplicar as devanditas deducións sen aplicar os límites na cota íntegra do IS, e mesmo recuperar a dedución mediante un sistema de devolución, o que, de facto, as converte nunha subvención independente do beneficio da empresa.

(Fonte: Centro de Excelencia de Vigo)