A orixe da creatividade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Todos os grandes creadores collen prestado, transforman ou rouban, como por exemplo Manuel Jalón Corominas, innovador español e pai da fregona moderna, que se dedicou principalmente a mellorar produtos xa existentes, facéndonos a vida máis sinxela.

"¡Todo é un remix! Dende Steve Jobs a Bob Dylan, todos os grandes creadores collen prestado, transforman ou rouban", asegura Kirby Ferguson - fundador de www.everythingisaremix.info - sobre a orixe da creatividade.

Neste sentido, Ferguson advirte que é deste xeito como a humanidade foi progresando ao longo dos anos. Segundo explica este cineasta, a creatividade vén de fóra e non de dentro, e é que o Ser Humano non é independente, senón dependente.

Para ilustrar a súa teoría, Ferguson expón os casos xa mencionados de Bob Dylan e Steve Jobs, dúas das mentes máis creativas do noso tempo, pero á vez, dous dos maiores "ladróns".

Mediante múltiples exemplos, Ferguson demostra que tanto Dylan como Jobs "colleron prestadas" certas boas ideas, para transformalas en algo xenial. Dylan por exemplo imitou cancións e letras doutros artistas folk como Jean Ritchie, Dominic Behan ou Paul Clayton, mentres que Jobs, se apropiou en repetidas ocasións de tecnoloxía de terceiros.

Foi en 2007 cando Jobs anunciaba a bombo e prato a aparición do iPhone, un teléfono móbil baseado na tecnoloxía multi touch ou táctil, da que presumía ser o creador. Non obstante, Jeff Han xa anunciara esta tecnoloxía un ano antes, da que ademais non se consideraba o pai. O mesmo acontecería co sistema de desbloqueo deslizante e outras suposta invencións que Job se apropiou e nalgúns casos ata patentou.

Non obstante, é curioso escoitar ao propio Jobs cando en 1996 citaba a Picasso, quen tiña un dito moi popular que dicía: "Os bos artistas copian, os grandes artistas rouban". Así pensaba o fundador de Apple a mediados dos 90, pero moito cambiarían as cousas para que en 2007 dixese que ía destruír Android, porque era un produto roubado.

Outro célebre creativo como Henrio Ford, fundador da compañía Ford Motor e artífice do método de produción en cadea, asumiu dende o principio a teoría de Ferguson ao recoñecer abertamente que el non inventara nada, e que simplemente se serviu dos descubrimentos que fixera outra xente ao longo dos séculos.

"O progreso acontece, cando todos os factores que contribúen a este, están listos. Entón é inevitable", dixo Ford.

Retomando a idea de que roubar, copiar e transformar é o xeito de progresar, Ferguson fai unha alegación en contra dos chamados Patent Trolls ou troles de patentes, que son aqueles que patentan ou compran a patente dun produto sen intención de fabricalo ou comercializalo. Unha actitude que en opinión de Ferguson está a frear o progreso.

¿Que acontecería se Xerox, creador de Ethernet (o precursor de Internet), do rato e da interface gráfica de ventás (Windows) patentase esta tecnoloxía?

Sinxelamente Apple e Microsoft non prosperarían do xeito que o fixeron, e a humanidade non progresaría coas súas innovacións.

Se falamos de innovacións, vén ao caso falar de Manuel Jalón Corominas, innovador español e pai da fregona moderna e a xiringa desbotable, entre outras cousas. Jalón foi un dos grandes innovadores españois de todos os tempos, que se dedicou principalmente a mellorar produtos xa existentes, facéndonos a vida máis sinxela.

Neste sentido, Ferguson chama á loita contra estes Patent Trolls, que ameazan empresas, consumidores e ao progreso en xeral.

(Fonte: Agencias)